Probando WordPress 2.5

Tardei ben pouco en descargarme a polémica última actualización de WordPress, dispoñíbel desde hoxe mesmo. A 2.5 estivo centrada no redeseño do sistema editorial do sistema editorial máis molón do mundo, baixo as premisas de limpar, reordear e engadirlle compoñentes dinámicos ao sistema de publicación. En concreto, comportamentos ajax para a edición e publicación de artigos e algunhas clamorosas necesidades do sistema. O que máis me gustou:

  • A reorganización do Taboleiro (dashboard) que dá a benvida ao sistema editorial. No canto de estar ocupado por información xeneralista e descritiva do sistema, o novo dashboard é un auténtico panel de control e estatístico do sistema de publicación moi personalizábel.
  • A subida múltiple de imaxes e outros tipos de obxectos multimedia ao sistema. Ata agora había que facelo con plugins pouco satisfactorios.

Aínda así, ao meu criterio WordPress ten novos retos pendentes: nos últimos meses estamos a ver claramente unha tendencia que debuxabamos en xuño, as potencialidades de WordPress como CMS de pequenas publicacións e medios. Sen embargo, non se observan avances da plataforma neste sentido; WordPress debera asumir que xa está a administrar todo tipo de webs e que o sistema debe outorgar máis liberdade na composición, na xestión de usuarios, etc.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará