A despedida de Arthur C. Clarke

Sir Arthur C. Clarke gravou este vídeo na súa casa de Colombo, Sri Lanka, co gallo dos seu 90 cumpreanos e con vontade de serena despedida. No vídeo, el confesa que ve pasar o tempo, durmindo quince horas diarias, cheo de “soños vívidos” e que vivir atado a unha cadeira de rodas non lle impide vagar polo universo. Sir Arthur deixa tres desexos: que máis cedo que tarde teñamos algún sinal de vida extraterrestre, que sexamos quen de frear o cambio climático e que a paz volva a Sri Lanka, a terra que o acolleu durante cincuenta anos.

Adeus, Sir Arthur, con todo o corazón.

One Comment

  1. 20 / Marzo/ 2008

    Non acabei de entender a peli de Kubrik ata que lin a novela. Sit tibi terra levis.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará