Do curry ao caril

Boralleira é o nome do blog que acaba de estrear dun amigo. Coincidindo co seu aniversario persoal, a Borralleira xa comeza a encherse de palabras. E nada mellor que celebralo cun curry, ou máis ben, cun caril, que é como se di en portugués e que el, sempre preocupado pola precisión das palabras, reivindica tamén coma o galego. A min xa me gañou para o bando do caril lingüístico -xa estaba abonado ao gastronómico. Parabéns, rapaz, e a seguir!

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará