Últimas noticias sobre o blogging enogastronómico, a conferencia

forum_encontro_gago.jpg
Durante a conferencia Últimas noticias sobre o blogging enogastronómico. Foto: Sole

Como comentei ao final da charla, publico aquí a conferencia que impartín no I Encontro de Blogs Enogastronómicos do Fórum de Santiago. Teño que dicir que para min foi unha charla moi agradábel, na que falamos sobre a orixe, a evolución dos blogs e diseccionamos o momento actual dos blogs gastronómicos. O resto do Encontro tivo tamén interese. Agora mesmo estou rebentado, despois de tres días de Fórum, pero teño moitas cousas que contar, e compañeiros blogueiros e xente como Ferrán Adriá abriron interesantes ideas e liñas de pensamento. Iso será mañá. (Actualización de mañá: iso será pasado mañá)

Hoxe quedades coas interesantes valoracións do Encontro feitos por detallada crónica de Delokos, La cocina de lechuza, Turismo de Pontevedra, Papar e Vivir ou Gourmet de Provincias. Se me queda algún atrás, dicídemo!

Descarga a conferencia (en PDF)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará