Blogueiros (e simpatizantes) adheridos ao Código Cociña. Foto: César R. Carril
Si, iso que vedes nas nosas mans son as escumadeiras troqueladas que representan o logotipo do Código Cociña, e que presentamos mundialmente ao final do I Encontro de Blogueiros Enogastronómicos no Fórum Gastronómico de Santiago. Mañá xa será tempo de detalles, subir a presentación da miña intervención na xornada e valorar un encontro moi frutífero. Nada máis que deixar o meu agradecemento a todos os asistentes: creo que pasamos unha interesantísima tarde de debate. E o momento da presentación, lendo pezas de texto en diferentes idiomas, foi emocionante: o que queremos que sexa un movemento global non debe deixar atrás as linguas, nin as grandes nin as pequenas. Con xa 90 blogs de gastronomía adscritos de Galicia e España, Portugal, Brasil, Arxentina e Francia, o Código Cociña comeza a súa difusión internacional.
realmente me descubristes un mundo de xente que sente, vive e sinte paixón por a gastro enomía. Unha cousa leer os vosos blogs e outra sentirvos tan cerca. Gracias Manuel por a tua intervención y por o teu traballo para que esto fora unha realidade.
Eu atopei o encontro algo vacio, espera que chegara en maior profundidade na web 2.0 e nas redes sociales. Posiblemente polo que detectei (opinion persoal) os señores que debatian estan moi verdes nestes asuntos e teñen moito que evolucionar.
O único que vin moi ben encamiñado foi a ti (Manuel Gago).
O do codigo cociña pareceme interesante e que dará calidade a bloguesfera.
Efectivamente, Belay, tendeuse se cadra a analizar os blogs como unha “continuación” electrónica da crítica e das guías normais, e a non profundizar nos aspectos de formación de “comunidade”. Algo tentei introducir tamén no debate cando comentei que en Salsa de Chiles, de Carlos Maribona, eran especialmente relevantes as achegas dos usuarios coa enorme cantidade de comentarios que deixan en cada post.
Fue un placer acompañaros en la presentación y lectura del manifiesto de Código Cocina.
Habéis sentado las bases de un movimiento que puede llegar a ser muy importante.
Felicidades!
Y por supuesto gracias por compartir conmigo mesa y conversaciones.
Un besazo
Gracias a ti, Garbancita, fue un gusto conocerte! Ya sabes dónde nos tienes.