Sidra galega: un produto singular (literalmente)

sidra.jpg
Escanciando sidra galega

“Galicia é o principal produtor de mazá sidreira do Estado”, afirmou Eladio Novoa na cata sobre sidra. O que me chamaba a atención é que houbera sidra galega, cousa totalmente nova para min. “Ben”, seguiu Novoa, “Galicia é a principal produtora de mazá sidreira do España. Case 10 veces máis que Asturias ou 20 do País Vasco”. Pero só hai unha sidrería no país. En Chantada. Diríxea el. Recollen mazás de variedades autóctonas, como a pero ou o mazá rabiosa (esta rabuda é orixinaria de aquí) en fincas desde o sur de Lugo ata o interior da provincia de Pontevedra, nunha liña interior. Novoa revelouse como un gran coñecedor deste produto que, debido ás súas características (a vistosa, pero aparatosa técnica de servizo) e o feito de que a sidra natural (a máis tradicional) só dura dous o u tres meses máis gardada. Segundo Novoa, a sidra elaborábase tradicionalmente, cando menos, na zona de Chantada. Nunca debeu pasar do ámbito doméstico, e hoxe está sepultado polas máis versátiles cervexa e viño. Os hábitos de bebida, con todo, son moi curiosos: segundo Novoa, Galicia é a comunidade autónoma con máis consumo de sidra achampañada. Todos amigos do Gaiteiro.

5 Comments

  1. 17 / Febreiro/ 2008

    Curioso.
    Ainda lembro cando se facia a sidra Ziber no Porriño. Supoño que non tiña nada que ver co esa sidra caseira da que falas.

  2. 17 / Febreiro/ 2008

    En Santomé de Piñeiro, Marín, faise sidra coido que dende sempre. Houbo (e creo que aínda hai) unha festa da sidra de ámbito pouco máis que parroquial, porque é unha freguesía pequena e a producción non dá para moito máis. Calquera intento de racionalizar a producción local de mazás (xa non digo de sidra) chocou coa desidia. Pero é verdade que hai unha xeografía soterrada e furancheira da sidra galega.

  3. 18 / Febreiro/ 2008

    E coas fabas non pasará 3/4 do mesmo?

  4. Silenciario
    18 / Febreiro/ 2008

    E poñéndonos eruditos a sidrá é a bebida típica dos galegos do século XII, segundo o francés que escribiu o Calixtino.

    A sidra de Chantada é moi boa, persoalmente gústame mais que ningunha outra que probara en España, ainda que prefiro a sidra bretona, bastante seca, que é unha maravilla.

  5. 17 / Agosto/ 2010

    En Bembrive cando menos que se saiba hai unha tradición da elaboración da sidra de uns 200 anos .Para o día 19 de setembro de todolos anos na romaria dos Ramallos podes degustar sidra feita polos veciños da parroquia.
    Quedades convidados/as.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará