Fórum: enganchando augardentes en cadea

augardente.jpg

José Luís Hernáez, que debe ser a persoa que máis sabe de viño galego, conduciu unha cata xenial de augardente. Pasamos dos complexos ámbitos florais do augardente de mencía ata os máis cítricos do de albariño (que me gusta menos). Hernáez amosounos logo o augardente da Ulla, que se fai a partir dunha variedade híbrida da que non se comercializa viño. “Créanme”, dixo Hernáez, “compárena coa portuguesa, a grappa, o ouzo e a que queiran. A augardente das ribeiras do Ulla posiblemente sexa a mellor do mundo”. Se non a probaches, ¿a que sabe? A pera, a fiuncho, moi elegante.

4 Comments

  1. 17 / Febreiro/ 2008

    Unha magoa que non poidera asistir a este evento, sendo da Estrada era obrigado ir xDD

  2. 17 / Febreiro/ 2008

    É certo ese híbrido do Ulla ten un caráter perfumado que o fai totalmente diferente aos de godello, loureira, mencia ou albariño.

  3. 17 / Febreiro/ 2008

    Si, parece mentira, ao carón de Santiago e nunca o probara….

    por certo, viticólogo: cata de tintos con embutidos. Xa comentarei, pero foi un canon dos novos tintos galegos: Gorvia, Torna dos Pasás Escolma, Alcouce…

  4. 17 / Febreiro/ 2008

    Sabia que ia perderme muitas cousas interesantes esta fin de semana no forum…. pero …
    non pode ser¡¡
    esto que me contas supera ate o máis alá o balanzo de perdas: Gorvia-Alcouce- A torna e todo o que os puntos suspensivos fanme supoñer.
    Cruzo os dedos para poderen estar polo menos o luns e o martes pola tarde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará