Fórum: aceite en vaso de callada!

aceite.jpg

Blogueando en directo desde o Fórum Gastronómico Santiago’08.

¿Fixestes algunha cata de aceite? Comezamos o live blogging desde o Pazo de Congresos de Santiago coa cata de aceites de Cataluña. Varias denominacións de orixe das comarcas catalanas: Siurana, Terra alta, Empordá, Baixo Ebre Montsiá e Les Garriges. As catas de aceite teñen todo un ritual previo alucinante. Cada vasiño (parece dos de iogur ou callada que mercas no súper) está tapado cun cristal. Telo que poñer na man e lentamente, case cariñosamente, vas meneando de xeito circular o vasiño para quentar o aceite ata chegar aos 28º. A partir de aí vanse destapando os aromas. Suaves aromas a aceitunas recén pisadas, nalgúns casos, máis complexos e embriagadores no caso do impresionante aceite de Les Garrigues que tomamos ao final, cheo (é certo) de cheiros a alcachofas e a pura horta.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará