Pedra e carrizo no río Arenteiro

arenteiro_11.jpg
Subindo a Ponte da Cruz en Pazos de Arenteiro

Hai pouco sorprendímonos con esa incríbel aldea que é Pazos de Arenteiro (mira a galería fotográfica), no concello ourensán de Boborás, en pleno corazón do Ribeiro. Hoxe fumos máis alá da Ponte da Cruz. Cruzámola e seguimos río arriba, explorando os vellos camiños que unían Pazos con Cabanelas. Son camiños espesos e húmidos, e a súa trama boscosa agacha unha enorme paisaxe cultural de grandes muros, terrazas e casas comestas polo carrizo. Aquí a compartimos contigo.

arenteiro_21.jpg

arenteiro_31.jpg

arenteiro_41.jpg

arenteiro_51.jpg

arenteiro_61.jpg

arenteiro_71.jpg
Un sabe que entra nestas aldeas do Ribeiro porque están cheas de pazos, casonas de veraneo da aristocracia ourensana, antigas encomendas administrativas do rendíbel negocio do viño. E os pazos, en toda Galicia, teñen o mesmo cheiro que os camposantos: o mirto.

arenteiro_8.jpg
Alucinando cos pazos de Cabanelas

arenteiro_9.jpg

arenteiro_10.jpg
…e ao volver, atopamos unha sorpresa no río que non viramos antes. Fíxate ben na foto. Que ves?

arenteiro_111.jpg
Nun tramo do Arenteiro un escultor deulle forma ás pedras para extraerlles a vida que levan dentro. Unha xiana aparece á esquerda, o Vixía, cunha orella-peixe, controla entre os remuíños a vida do Arenteiro.

13 Comments

  1. 6 / Febreiro/ 2008

    O das imaxes esculpidas na pedra saía na para min mellor serie documental que fixo a galega, que era Terra e Vento. No capítulo sobre a comarca do Carballiño aparecían estas pedras e os artesáns esculpíndoas, ou sexa qu a obra debe datar do ano 2000-2001, calculo eu.

  2. 6 / Febreiro/ 2008

    Fermosa e incrible esta pequena vila do Arenteiro. É unha pena que estea un pouco abandoada e que moitas das señoriais casas non estea coidadas.
    Co patrimonio que alí hai noutros sitios farían marabillas.Se estivese na Provenza os franceses a terían perfectamente arranxada e farían dela un polo de atracción turística.
    Pero iso sí, eles non teñen a Cidade da Cultura…

  3. 6 / Febreiro/ 2008

    Ah por certo Manuel ¿tes visitado unha vella e curiosa central hidroeléctrica que hai en Piñor de Cea?.Supoño que sí…
    Está na parte alta do Arenteiro e acolle exposicións ao aire libre. Ademais por alí hai un precioso sendeiro que sube polo curso do río.
    Se voltas por esa zona bótalle un ollo.

  4. 6 / Febreiro/ 2008

    buenas pistas, espero que no decidan pasarles cerca una autopista o AVE. por cierto, deben ser algunas de esas obras las que dejaron hace unas semanas el Pozo do Fume con espuma grisacea, como de cimentaciones.
    supongo que con las lluvias se habá recuperado algo.

  5. 7 / Febreiro/ 2008

    Fermoso relato visual. Qué morriña!

  6. 7 / Febreiro/ 2008

    Nico, pois non a coñecía. Haberá que botarlle unha ollada en canto volva, que non ha de ser moi tarde.
    :-)

    Sen dúbida, dan3, o impacto das obras públicas nesa área está sendo enorme e se cadra non todo o respectuoso que debera.

  7. PabloV
    11 / Febreiro/ 2008

    Pois alo fun coa parienta na moto este domingo, coa idea de rematar o dia nas termas da chabasqueira en Ourense, cousa esta última que non puido ser… Maravilloso, non me lembro a última vez que pisei tanta folla de carballo xunta :)
    As fotos, non sei por qué, saironche mellor cas miñas, haberá que seguir practicando

  8. 12 / Febreiro/ 2008

    Que ben, alégrome de que che gustase. A verdade é que o sitio paga ben a pena.

  9. Pedro
    30 / Agosto/ 2009

    Alguén me pode decir ata onde chega roteiro, recorrino unha vez pero parei a uns douscentos metros arriba do puzo dos fumes, outra cousa, ¿Ao finalizar hai necesariamente que volver polo mesmo sitio?.
    Gracias e saudos

  10. Cesar
    31 / Agosto/ 2009

    Aparte desto, quería facer unha pregunta que me surxio indo para Verín fai uns días…¿alguén sabe porque os carballos están secando..?
    (hay paixases de conto en Galicia, pero non son conto..)

  11. lapatianco
    31 / Agosto/ 2009

    Pedro. O camiño remata no Carballiño.
    E a verdade é todas paisaxes que rodean o Arenteiro son fermosísimas.
    Se podes, usa a técnica dos “dous vehículos”.
    Saúdos a todos.

  12. 19 / Maio/ 2010

    Pois a min parecenme, realmente fermosas, as esculturas sobre as rochas no Arenteiro, alguen sabe quen foi o autor/es??? Tenme intrigado! Preguntei a algun veciño pero non teñen moita idea.
    Sau2! Noraboa polo blog

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará