Seres humanos na Casa da Música do Porto

Os edificios só deberan cobrar o seu verdadeiro sentido cando se visten coa presenza humana para a que foron concebidos. Dese xeito, a arquitectura se dimensiona, obtén o seu tamaño e o seu papel. É o caso da impresionante Casa da Música que pensou Rem Koolhaas para o Porto, e que tivo no seu momento unha controvertida e polémica execución. A Casa gaña unha dimensión especial cando a habitan persoas, porque as súas superficies lisas contrastan cos nosos perfís irregulares, a superficie se contrapón cos corpos e viceversa. No Flickr hai toda unha fantástica colección de fotografías colectivas desta Casa humanizada. E esta é unha mostra:

casa_musica_1.jpg

casa_musica_2.jpg

casa_musica_3.jpg

casa_musica_4.jpg

casa_musica_5.jpg

casa_musica_6.jpg

Vía A Barriga de um Arquitecto

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará