Seguindo os clons cigarróns de Verín

cigarrons_gago_2.jpg

Os clons cigarróns fascínanme: son unha mestura dun universo de replicantes e un libro de Xaquín Lorenzo Xocas. Aquí, en Verín, na comarca de Monterrei, no epicentro dos replicantes do entroido galego, este domingo foi unha explosión de cencerros, cores, carreiras e ritmos. O Entroido aquí está vivísimo: homes e mulleres, nenos e nenas participan do disfraz e corren polas rúas de Xinzo, convertendo as estreitas ruelas nun estourido de cencerros e luxosos traxes confeccionados a man mercé a unha estrita tradición. Porque sabemos que é Entroido, senón a súa figura mil veces clónica daría ata medo. O momento máis divertido é cando os cigarróns esperan aos veciños á saída da misa e -simbolicamente- os zurran nun ameazante corredor. Aquí vai a reportaxe fotográfica que fixemos Sole e máis eu. Tamén tes un vídeo cos sons e movementos dos cigarróns agardando a saída dos parroquianos da misa e o meneo xenial que fan os cigarróns coas cadeiras para bater os cencerros.

cigarrons_sole_1.jpg

cigarrons_sole_3.jpg

cigarrons_gago_3.jpg

cigarrons_gago_5.jpg

cigarrons_gago_4.jpg

cigarrons_gago_1.jpg

Un epílogo:

cigarrons_sole_2.jpg

4 Comments

  1. 28 / Xaneiro/ 2008

    En Verín ós ¨cencerros¨ chamanlle chocas….

  2. 30 / Xaneiro/ 2008

    Vaia…as fotos viríanme que nin pintadas para explicarlle aos gringos a multiplicidade de carnavais posibles, andaba na procura de algo asi. Teño permiso do autor para proxectar o video e as fotos nunha das miñas aulas de conversa?

  3. 30 / Xaneiro/ 2008

    Por suposto. Simplemente menciona a autoría e punto.

  4. 30 / Xaneiro/ 2008

    Graciñas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará