Uso do teléfono móbil como joystick

Teño comprobado que o acelerómetro é a característica técnica do Nokia n95 que máis sorprende aos usuarios. Basicamente, é un espectacular sensor de movemento que fai que o teu móbil saiba en que posición se atopa, detecte como o moves e, con software, interactúe con eses factores. Sen embargo, aínda estaban por desenvolverse aplicacións que explotaran as capacidades dos sensores de movemento nun hardware tan persoal como a telefonía móbil. Por iso sorprendeume o Niime, un proxecto escrito en Python que é quen de sincronizar a posición do teu móbil co ordenador vía Bluetooth. Nada mellor que ver o vídeo para enterarse de coma o teléfono se converte case nun mando da Wii.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará