O xefe de todo isto, unha comedia de Lars von Trier sobre o poder (e o poder do poder)

el_jefe.jpg

O xefe de todo isto é unha comedia xenial sobre o poder, as empresas e as relacións humanas que se establecen dentro delas. É como se a Kafka o resucitaran os guionistas de Cámera Café reconvertidos a directores de Sundance. Escenas abertas, e unha hilarante parodia que colle camiños insospeitados a cada segundo de metraxe que pasa. A min gústame este Lars von Trier capaz de ser tan áxil e pillo como lixeiro. Aquí vai o trailer -párase demasiado nos aspectos máis histriónicos, pero a chicha da película está nas situacións:

2 Comments

  1. 23 / Xaneiro/ 2008

    Haberá que vela, pero non me digas que Lars Von Trier e humor na mesma frase …

  2. 23 / Xaneiro/ 2008

    Iso é o mellor de todo, que Lars von Trier resulta que é moi divertido!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará