Cando chega o sol á Praia da Concha

Non son eu moito de praias urbanas, pero da Concha, o pulmón mariño de Donostia, si. Ao saír o sol, a Concha convértese nunha enorme fonte de diversión para todos, e na principal rúa, praza, arteria e avenida desta cidade de proporcións amistosas. Aquí vai unha pequena reportaxe gráfica que fixemos Sole e máis eu.

concha_1.jpg

concha_2.jpg
Unha nena escapa dos chorros de vento e auga mariña

concha_3.jpg

concha_4.jpg

concha_5.jpg

concha_6.jpg

4 Comments

  1. 7 / Xaneiro/ 2008

    Que raro! dinlle a submit e nada así que volvo a escribir a ver se non aparece dúas veces:
    Lembro unha visita a San Sebastián hai máis de dez anos e foi un viaxe inesquecible. A cidade é belísima por máis que se repita, ten esa atmósfera máxica das cidades atlánticas de beleza resistente a galernas e tormentas, altiva e elegante, creo que sempre se debería ir en inverno…Tamén me sorprendeu a excelencia gastronómica en restaurantes económicos e medios mesmo, a variedade e abundancia dos pinchos que se espallan en acumulacións case imposibles. O pouco celo que tiñan os camareros en vixiar o que comes e como se fiaban da túa honradez. A marcha nocturna variada e moi animada, a xente moi mesturada a diferencia doutras cidades, foi simpatico vez a Arzak a meu lado bebendo o seu cubato como un mozo máis. :)

  2. 7 / Xaneiro/ 2008

    Unhas fotos moi majas. Provócanme certa nostalxia, i é que fun Gipuzkoano durante algún tempo. Vivía en Hernani, pero en canto podía plantábame en Donosti… é a cidade con máis poética que teño visto ata o de agora… teno todo… ou case…

  3. REFLEXF4
    7 / Xaneiro/ 2008

    Tamen eu non volvin , dende o ano 92, po lo que sinto gran nostalxia a o ver as fotos, recordo con ledicia os pintxos-as copas de cava-os chupitos no tic-tac, e o encanto da sua zona vella.

  4. 7 / Xaneiro/ 2008

    Si, é certo, vin que os donostiarras son moito de tomar cava ou champán como “chiquito” noturno.

    O que está claro é que é unha cidade de ritmo lento e volcada aos praceres da vida.

    E, por certo, non podía menos que comparar o contorno urbanístico da praia de Riazor ca da Concha, e pillábame un bo cabreo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará