[lang_gl]Volve Oriente a Compostela: novos árabes e indios na cidade![/lang_gl][lang_es]Vuelve Oriente a Compostela: nuevos árabes e indios en la ciudad![/lang_es]

restaurante_petra.jpg

[lang_gl]Durante un mes intrigounos moitísimo este toldiño á saída de Santiago. A quen non? Así que un día paramos, entramos no desgarbado bar e preguntamos: ¿por que Dúas Cociñas? Un mozo con aire palestino, ou libanés, e acento árabe, contestounos:

-Porque pouquiño a pouco iremos probando na carta cociña arabe. Polo de agora, só as fins de semana. Chamádenos cando queirades vir.

Así que un sábado aparecimos polo restaurante Petra, que así se chama, a ver que pasaba. Nun enorme comedor do fondo, con nós como únicos clientes, comezaron a sacar todas as especialidades mouras, coma se estiveramos nun banquete de vodas. Rematamos cun arroz de polo fantástico, un te ben feito e a sensación de que por fin volveran a Santiago algúns sabores que nunca deberan ter marchado, por menos de vinte euros. Ifrit comentou nun post vello que este rapaz era o antigo cociñeiro do Bet Falastín, o palestino que pertencía a Ghaleb Jaber. Benvido sexa de novo ao mundo da cociña étnica.

Gústanme os restaurantes de cociña oriental -entendido Oriente no mapa mental decimonónico, que involucraba tanto o Islam como a India ou China. Para min Oriente é, sobre todo, o reino das especias, e iso é algo que se comparte entre o Mediterráneo e o Índico-. Síntome cómodo coa atención exquisita que habitualmente teñen estes inmigrantes emprendedores ao manter o servicio de sala do local, o afán didáctivo e o orgullo nacional e étnico co que explican especias, masas, postres, preves. Gústanme eses prezos aínda de medida humana.

Por iso, non tardamos moito en visitar o Punjabi Food que atopamos na rúa Fernando III o Santo.

punjabi_food.jpg

Un Punjabi! Están extendidos por todas partes: son os restaurantes que recollen a cociña tradicional da rexión de Punjab, ao norte da India, a terra dos cinco ríos. Basicamente arroces, tandooris, curris e outras cousas das que non tomei nota e con nomes dos que non me acordo. Un excelente curri de peixe, por exemplo.Teño estado en indios mellores (lembro un fantástico no Porto), pero neste, a relación calidade-prezo é excelente. Por 15 ou 16 euros un acaba dándose unha volta polas rúas de Chandigarh. O servizo, ademais, é excelente e moi honesto.

Dúas recomendacións para encherse a boca con sabores rotundos e diferentes.

Nos comentarios publiquei un mapa de localización dos dous sitios. [/lang_gl]

[lang_es]
Durante un mes nos intrigó muchísimo este toldito a la salida de Santiago. A quién no? Así que un día paramos, entramos en el desgarbado bar y preguntamos: ¿por que Dos Cocinas? Un joven con aire palestino, o libanés, y acento árabe, nos contestó:

-Porque poquito a poco iremos probando en la carta cocina arabe. Por ahora, sólo los fines de semana. Llamadnos cuando queráis venir.

Así que un sábado aparecimos por el restaurante Petra, que así se llama, a ver qué pasaba. En un enorme comedor del fondo, con nosotros como únicos clientes, comenzaron a sacar todas las especialidades moras, como si estuviésemos en un banquete de bodas. Rematamos con un arroz de pollo fantástico, un té bien hecho y la sensación de que por fin habían vuelto a Santiago algunos sabores que nunca hubiesen debido marchar, por menos de veinte euros. Ifrit comentó en un post viejo que este chaval era el antiguo cocinero del Bet Falastín, el palestino que pertenecía a Ghaleb Jaber. Bienvenido sea de nuevo al mundo de la cocina étnica.

Me gustan los restaurantes de cocina oriental -entendido Oriente en el mapa mental decimonónico, que involucraba tanto el Islam como la India o China. Para mí Oriente es, sobre todo, el reino de las especias, y eso es algo que se comparte entre el Mediterráneo y el Índico-. Me siento cómodo con la atención exquisita que habitualmente tienen estos inmigrantes emprendedores al mantener el servicio de sala del local, el afán didáctivo y el orgullo nacional y étnico con el que explican especias, masas, postres, salsas. Me gustan esos precios aún de medida humana.

Por eso, no tardamos mucho en visitar el Punjabi Food que encontramos en la calle Fernando III el Santo.

punjabi_food.jpg

Un Punjabi! Están extendidos por todas partes: son los restaurantes que recogen la cocina tradicional de la región de Punjab , al norte de la India, la tierra de los cinco ríos. Básicamente arroces, tandooris, curris y otras cosas de las que no tomé nota y con nombres de los que no me acuerdo. Un excelente curri de pescado, por ejemplo.He estado en indios mejores (recuerdo un fantástico en el Puerto), pero en este, la relación calidad-precio es excelente. Por 15 o 16 euros uno acaba dándose una vuelta por las calles de Chandigarh. El servicio, además, es excelente y muy honesto.

Dos recomendaciones para llenarse la boca con sabores rotundos y diferentes.

En los comentarios publiqué un mapa de localización de los dos sitios. [/lang_es]

7 Comments

  1. 15 / Novembro/ 2007

    Boas novas para o Gourmet e os seus gustos.

    Alá é grande.

  2. 15 / Novembro/ 2007

    Para o Petra, vai en fin de semana! E se chamas un día antes, mellor. Non vai moita xente por aí que lle pida ese tipo de comidas, nin o sabe moita xente…a ver se agora se vai correndo a voz.

    Se atopo o seu teléfono tamén xa o publico aquí.

  3. 16 / Novembro/ 2007

    ¿non tomarías cervexa?
    Aínda non probei esta cociña chea de exotismos. Como moito a cociña Japonesa. Nunhas semanas teño unha cita no Kabuki, Hotel Abama, Tenerife. Contareiche.
    Ah por certo, xa teño na carta Sierra de Cantábria crianza e tamén o colección privada do 2004. Este último probeino o luns pasado e paréceme en canto a relación calidade-prezo (35) extraordinario.
    Saúde e bons viños.

  4. 16 / Novembro/ 2007

    Si, Paco, tomeille unha cervexa. Onde si hai unhas cervexas ben xeitosas é nos xaponeses, por certo, así que ao mellor no Kabuki aínda podes experimentar.

    Faláronme do Sierra Cantabria Colección Privada, pero non o probei. Queda tomada nota.

  5. Bego
    22 / Xaneiro/ 2008

    Hoxe iremos probar o panjabi food, pero o Petra, en donde queda? ¿Poderias escribir a direccion? Graciñas!

  6. 22 / Xaneiro/ 2008

    Bego, está na Avenida do Castiñeiriño, a uns 100 metros á dereita, dirección Teo, cando pasas a rotonda que está por riba do Corte inglés. Póñoche aquí o mapa en detalle

    Ver mapa más grande

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará