[lang_gl]A Pinot Noir: falsos amigos enolóxicos e tragos lixeiros[/lang_gl][lang_es]La Pinot Noir: falsos amigos enológicos y tragos ligeros[/lang_es]

pinot.jpg
[lang_gl]Un acio de Pinot Noir

A uva Pinot Noir é coma un falso amigo lingüístico. Un agárdase un viño escuro e espeso como a noite ou o licor café, pero a sorpresa chega cando sirves unha copa e aparece esa cor decolorada, parecida a un Rioja moi vello. ¿Estará ben?, pensei a primeira vez que probei unha botella do varietal, un básico Labouré Roi de Borgoña, rexión da que provén esta variedade de delicado coidado. Claro que estaba ben. Pero era o viño feito con Pinot Noir ten un estilo e, sobre todo, unha fasquía nada habitual na nosa península, agás en zonas de Cataluña onde se cultiva esta variedade.

A Pinot Noir ten un baixo índice de tanicidade -os taninos son os responsábeis de facer ao viño de cor tinta-, que provoca que o viño case pareza visualmente un rosado. Ao bebelo, percíbese unha estructura lixeira, moito máis suave que cun merlot, cabernet, tempranillo ou mencía, cun sabor claro a cereixa e froita vermella. Un non sabe moi ben onde meter na caixiña das memorias gustativas a esta Pinot Noir, portento xenético -seica o seu ADN contén máis información que o desa curiosa especie chamada Homo Sapiens, e foi o primeiro en ser descifrado-, e moda mediática. O outro día, mentres degustábamos un xeitoso Pinot Nero do 2004, feito na granxa Pusterla, en plenos cómaros de Piacenza, confirmaba aquela miña primeira impresión borgoñona. Non é a miña uva preferida, definitivamente: gústanme viños de sabor máis amplo, pero respétoa: é un bo recordo para almacenar na comparativa memoria dun gustador de viño. [/lang_gl]

[lang_es]Un racimo de Pinot Noir

La uva Pinot Noir es como un falso amigo lingüístico. Uno se espera un vino oscuro y espeso como la noche o el licor café, pero la sorpresa llega cuando sirves una copa y aparece ese color decolorado, parecido a un Rioja muy viejo. ¿Estará bien?, pensé la primera vez que probé una botella del varietal, un básico Labouré Roi de Borgoña, región de la que proviene esta variedad de delicado cuidado. Claro que estaba bien. Pero era el vino hecho con Pinot Noir tiene un estilo y, sobre todo, una apariencia nada habitual en nuestra península, excepto en zonas de Cataluña donde se cultiva esta variedad.

La Pinot Noir tiene un bajo índice de tanicidad -los taninos son los responsables de hacer al vino de color tinto-, que provoca que el vino casi parezca visualmente un rosado. Al beberlo, se percibe una estructura ligera, mucho más suave que con un merlot, cabernet, tempranillo o mencía, con un sabor claro a cereza y fruta roja. Un no sabe muy bien donde meter en la cajita de las memorias gustativas a esta Pinot Noir, portento genético -su ADN, por cierto, contiene más información que lo de esa curiosa especie llamada Homo Sapiens, y fue el primero de las vides en ser descifrado-, y moda mediática. El otro día, mientras degustábamos un placentero Pinot Nero del 2004, hecho en la granja Pusterla, en plenas colinas de Piacenza, confirmaba aquella mi primera impresión borgoñona. No es mi uva preferida, definitivamente: me gustan vinos de sabor más amplio, pero la respeto: es un buen recuerdo para almacenar en la comparativa memoria de un gustador de vino. [/lang_es]

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará