[lang_gl]Comer por riba dun campanario no Casal de Armán, en Ribadavia[/lang_gl][lang_es]Comer por encima de un campanario en el Casal de Armán, en Ribadavia[/lang_es]

casal_arman.jpg
[lang_gl]Xardín do Casal de Armán.

A primeira vez que fun ao Casal de Armán, en Ribadavia, aínda estaba en plena fase de restauración do caserón do XVIII, pero xa me sorprendera esa estampa pisana que vedes na foto: o campanario barroco da igrexa parroquial aparecendo como un menhir lixeiramente inclinado por riba do amplo prado da casa. O outro día volveume a facer graza esa torre de Pisa particular, un efecto provocado por un enorme desnivel entre a finca e o aldea; o Casal, xa restaurado, garda unha estancia de turismo rural, unha adega e un restaurante notábel, que o fai referencia básica para quen queira explorar o magnífico val de Leiro, o corazón do Ribeiro. A carta é un totum revolutum que sae ben: para entendernos, atopas desde uns ovos con chourizo ata rape recheo de gambas con fondo de cuscús, e combina as referencias estábeis co que a tempada dá de si: no noso caso, unha magnífica empanada de setas e carne. Como postres, un caótico variado da casa, cunha confusa selección de postres e abuso da nata. Mención especial é o viño da adega anexa á casa e ao restaurante. Tomamos un elegantísimo Casal de Armán 2006, cun 90% de treixadura completada con pequenas achegas de albariño e loureiro. Este galardoado viño -que xa había tempo que tiña gañas de probar- é un magnífico exemplo do corte moderno e equilibrado dos novos viños do Ribeiro. Todo, por vinte euros/persoa. [/lang_gl]

[lang_es]Jardín del Casal de Armán.
La primera vez que fui al Casal de Armán, en Ribadavia, aun estaba en plena fase de restauración del caserón del XVIII, pero ya me había sorprendido esa estampa pisana que veis en la foto: el campanario barroco de la iglesia parroquial apareciendo como un menhir ligeramente inclinado sobresaliendo del amplio prado de la casa. El otro día me volvió a hacer gracia esa torre de Pisa particular, un efecto provocado por un enorme desnivel entre la finca y el aldea; el Casal, ya restaurado, alberga una estancia de turismo rural, una bodega y un restaurante notable, que lo hace referencia básica para quien quiera explorar el magnífico valle de Leiro, el corazón del Ribeiro. La carta es un totum revolutum que sale bien: para entendernos, encuentras desde unos huevos con chorizo hasta rape relleno de gambas con fondo de cuscús, y combina las referencias estables con lo que la temporada da de sí: en nuestro caso, una magnífica empanada de setas y carne. Como postres, un caótico variado de la casa, con una confusa selección de postres y abuso de la nata. Mención especial es el vino de la bodega anexa a la casa y al restaurante. Tomamos un elegantísimo Casal de Armán 2006, con un 90% de treixadura completada con pequeñas aportaciones de albariño y laurel. Este galardonado vino -que ya había tiempo que tenía ganas de probar- es un magnífico ejemplo del corte moderno y equilibrado de los nuevos vinos del Ribeiro. Todo, por veinte euros/persona.[/lang_es]

3 Comments

  1. Paco Penas de DORVISOU
    6 / Novembro/ 2007

    Tomamos boa nota da túa experiencia para o vindeiro verán achegarse ao paraiso. Grazas.

  2. 6 / Novembro/ 2007

    Estiven no Casal o pasado maio, e andaban baixo mínimos. Iso si, a carta tiña cousas e a persoa que nos levou alí falou tan ben deles que tiña pendente unha visita. E agora, co que contas, queda confirmada.

  3. 6 / Novembro/ 2007

    Eu creo que a relación calidade/prezo está máis que axeitada. E, curiosamente, paréceme incríbel que nunha zona con tantas posibilidades para o turismo enogastronómico coma Ribadavia, haxa tan poucas alternativas gastronómicas de xeito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará