[lang_gl]Unha visita con ollos de colexial a Santa Eulalia de Bóveda[/lang_gl][lang_es]Unha visita con ojos de colegial a Santa Eulalia de Bóveda[/lang_es]

boveda_exterior.jpg

boveda_interior.jpg
[lang_gl]Exterior e interior da cripta do templo romano de Bóveda. Foto: Sole

Se un deixa abrir a cabeza, é difícil non quedarse fascinado co santuario de Santa Eulalia de Bóveda, a quince quilómetros de Lugo. Despois de anos e anos con horarios irregulares e incomprensíbeis, por fin este monumento ten un tempo de apertura merecido. Todo o día durante os laborábeis e a partir das 11 nos festivos e domingos (non me lembro se sábados tamén). Levaba desde pequeno vendo con arelas esas fotos de columnas con carrizo aparecían no libro de texto, querendo visitar este lugar. Tenteino un par de veces, pero só o conseguín a fin de semana pasada.

Santa Eulalia de Bóveda é un lugar fascinante. Durante moito máis de mil anos, baixo a vella igrexa parroquial desta aldea encravada no medio dunha campiña moi rural, repousou intacta a cripta dun templo romano. Aínda que a tradición oral e os vellos libros da parroquia falaban do lugar, non foi ata a segunda década do século XX que o cura se decidiu a abrir aquela estraña cámara que estaba baixo o adro. E o que alí se atopou foi sorprendente. Un estanque interior, flanqueado por desgastadas columnas, baixo unha bóveda recuberta dalgúns dos máis fermosos frescos que se conservan do final do Imperio Romano no mundo. Alí están. O arquitecto Sánchez Montaña fixo un blogresumo da súa tese de doutoramento sobre o santuario que podes ver aquí. Bóveda comezou sendo un santuario pagán, dedicado á sanación de persoas con problemas físicos (tolleitos, etc.), pero ao cabo dos anos seguramente se convertiu no baptisterio dalgúns dos primeiros cristiáns galegos. Hoxe, baixar as escadas ata este lugar húmido, e cheo de carrizo, e contemplar a vida que salta polos seus frescos de faisáns, de polos e aves, é unha marabilla que se pode ver en poucos lugares do mundo. [/lang_gl]

[lang_es]Exterior e interior de la cripta del templo romano de Bóveda. Foto: Sole

Si uno deja abrir la cabeza, es difícil no quedarse fascinado con el santuario de Santa Eulalia de Bóveda, a quince kilómetros de Lugo. Después de años y años con horarios irregulares e incomprensibles, por fin este monumento tiene un tiempo de apertura merecido. Todo el día durante los laborables y a partir de las 11 en los festivos y domingos (no recuerdo si sábados también). Llevaba desde pequeño viendo esas foto de esas columnas con musgo en los libros de texto, queriendo visitar este lugar. Lo intenté un par de veces, pero sólo lo conseguí el fin de semana pasado.

Santa Eulalia de Bóveda es un lugar fascinante. Durante mucho más de mil años, bajo la vieja iglesia parroquial de esta aldea enclavada en medio de una campiña muy rural, reposó intacta la cripta de un templo romano. Aunque la tradición oral y los viejos libros de la parroquia hablaban del lugar, no fue hasta la segunda década del siglo XX que el cura se decidió a abrir aquella extraña cámara que estaba bajo el atrio. Y lo que allí se encontró fue sorprendente. Un estanque interior, flanqueado por desgastadas columnas, bajo una bóveda recubierta de algunos de los más hermosos frescos que se conservan del final del Imperio Romano en el mundo. Allí están. El arquitecto Sánchez Montaña hizo un blogresumen de su tesis de doctorado sobre el santuario que puedes ver aquí. Bóveda comenzó siendo un templo pagano, dedicado a la sanación de personas con problemas físicos (tolleitos, etc.), pero al cabo de los años seguramente se convertió en el baptisterio de algunos de los primeros cristianos gallegos. Hoy, bajar las escaleras de este lugar húmedo, y lleno de musgo, y contemplar la vida que salta por sus frescos de faisáns, de pollos, pájaros, aves, es una maravilla que se pode ver en pocos lugares del mundo.[/lang_es]


Santa Eulalia de Bóveda en Capítulo 0 Mapas

One Comment

  1. isaac
    12 / Novembro/ 2012

    Xenial o blog de Sanchez-Montaña. Canto encanto temos nesta terra, e eu sen sabelo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará