[lang_gl]Vázquez Montalbán e a política ficción[/lang_gl][lang_es]Vázquez Montalbán y la política ficción[/lang_es]

pce.jpg
Militantes celebrando a legalización do Partido Comunista de España
[lang_gl]
Eu cheguei tarde a Pepe Carvalho e a Vázquez Montalbán, pero sempre hai un momento para recuperar o tempo perdido. Con Carvalho, Montalbán foi quen de aproveitar o mellor da novela negra, que é a súa capacidade de penetración en distintos ambientes sociais; sen embargo, Montalbán aproveitou a súa enorme bagaxe intelectual e política para escribir novelas como Asasinato no Comité Central, baseada no homicidio dun ficticio secretario xeneral do Partido Comunista de España. É sorprendente que o escritor redactara esta novela de Carvalho en pleno 1981, a penas cinco anos despois da morte de Franco, e mentres Montalbán era membro do Comité Central do PSUC. Na novela, o detective desprázase a Madrid, contratado polo Partido, do que foi militante, e asume a investigación do caso, nun perigoso Madrid inzado de servizos de espionaxe. Hoxe, por suposto, lese distinto. Pero no tempo da súa publicación, a meses do Golpe de Estado de Tejero, a súa publicación debeu ser unha trama cando menos chocante, e unha mostra de como as tramas de ficción se incorporan á actualidade política. [/lang_gl]
[lang_es]
Yo llegué tarde a Pepe Carvalho y a Vázquez Montalbán, pero siempre hay un momento para recuperar el tiempo perdido. Con Carvalho, Montalbán fue capaz de aprovechar lo mejor de la novela negra, que es su capacidad de penetración en distintos ambientes sociales; sin embargo, Montalbán aprovechó su enorme bagaje intelectual y política para escribir novelas como Asesinato en el Comité Central, basada en el homicidio de un ficticio secretario general del Partido Comunista de España. Es sorprendente que el escritor redactase esta novela de Carvalho en pleno 1981, a penas cinco años después de la muerte de Franco, y mientras Montalbán era miembro del Comité Central del PSUC. En la novela, el detective se desplaza a Madrid, contratado por el Partido, del que fue militante, y asume la investigación del caso, en un peligroso Madrid plagado de servicios de espionaje. Hoy, por supuesto, se lee distinto. Pero en el tiempo de su publicación, a meses del Golpe de estado de Tejero, su publicación debió ser una trama chocante, y una muestra de como las tramas de ficción se incorporan a la actualidad política.[/lang_es]

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará