Cando a túa vida é multiplicar a vida: o programa de conservación do lince ibérico en Doñana

lince.jpg
Cachorros de lince nacidos en cautividade. Foto: Programa de Conservación Ex-Situ del Lince Ibérico

Casualidades da vida, non soubemos que no Parque de Doñana traballaba un curmán segundo noso ata despois da nosa visita ao lugar. Toñe Rivas é un dos biólogos encargados dun dos proxectos máis delicados e difíciles de recuperación de especies do Estado: o Programa de Conservación Ex-Situ del Lince Ibérico. O obxectivo do programa é tentar conseguir a reprodución en cautividade do lince ibérico, no medio máis próximo ao salvaxe, para posteriormente volver colonizar os bosques de Doñana cos exemplares nacidos no interior. En realidade, os biólogos do proxecto traballan como dei ex machina, no sentido de que evitan todo contacto visual cos animais para evitar que se acostumen a nós e controlan a súa evolución a través dunha circuitería pechada de vídeo. Os visitantes do Parque, polo tanto, non poden ver aos linces e, para consolarnos, teñen un potente web chea de fotos e vídeos sobre a intimidade destes vídeos e un diario de pequenos éxitos e derrotas cotiás na loita por evitar a extinción do lince.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará