O primeiro paso de Strider, o “trípedo”

strider.jpg
O robot Strider

O laboratorio de robótica RoMeLa, dirixido polo doutor Dennis Hong, acaba de ver dar o seu primeiro paso á súa nova creación, un robot chamado Strider. Que un robot ande non é algo demasiado novidoso, pero se ese robot é trípode,a cousa xa se complica bastante máis. Os robots trípodes son personaxes habituais das novelas e as películas de ciencia ficción, pero o xeito no que os vemos camiñar nesas ficcións é irreal; no mundo físico, ese estilo de camiñar conlevaría a perda do equilibro da máquina e a súa caída miserábel. Xa que logo, conseguir un trípodo é un desafío intelectual; para facelo, debemos aprender dos principios da bioloxía e da Natureza. O acto de camiñar debe ser o máis eficiente e económico a nivel enerxético. Así que hai que ensaiar novos tipos de movemento. O primeiro vídeo describe o curioso xeito de facer andar a un trípode. O segundo amosa o seu primeiro paso. Con todo, o máis divertido é o detalle do segundo vídeo: a investigadora que non as ten todas consigo e bota a man, por se acaso, ao Strider, no momento do seu primeiro paso (coma un bebé).

O primeiro paso do Strider:

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará