Infográfico sobre as grandes cuestións medio ambientais do planeta

theplanet.jpg

Forksning é un proxecto multimedia e multisoporte de iniciativa pública sueca destinado a “mellorar o coñecemento público sobre o Planeta e o noso futuro, para amosar os límites, ameazas e posibilidades que estamos a afrontar hoxe”. Un gran infográfico permite acceder a pequenas pezas interactivas ou audiovisuais que contemplan diferentes problemáticas relacionadas co medio do planeta; se cadra o acabado gráfico non é o máis elegante do mundo, pero é impresionante a cantidade de contidos e a ambición de deseñar pequenos infográficos con narrativas diferentes para expresar mellor cada contido. Moi recomendábel.

Vía Sergio Irigoyen.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará