Castromaior, en Portomarín: unha acrópole castrexa ao carón do Camiño de Santiago

Last updated on 25 / Setembro/ 2007

castro_maior_1.jpg
Vista aérea de Castro Maior. Foto: SIXPAC

castro_maior_2.jpg
Casa con vestíbulo nas excavacións na croa do castro

Castro Maior, no Concello de Portomarín, é un recinto arqueolóxico enorme para as medidas galegas: suma catro hectáreas compostas por unha croa e unha sucesión labiríntica por veces de murallas, foxos e antecastros-. Ao xacemento tocoulle a lotería, xa que será un dos vinte que Cultura declarará Ben de Interese Cultural nos vindeiros meses, aínda que xa levaba mercando boletos cando menos dous mil e pico anos. Os habitantes do lugar tiveron que escoller no seu momento entre as privilexiadas vistas sobre o territorio nun contorno bastante inseguro ou a busca dun lugar mellor defendíbel. Escolleron mirar e, para compensar, encheron o terreo de foxos ata o punto de que hoxe é un curioso e atípico labirinto de gavias e montes de terra. A presión demográfica levoulles a ampliar recintos. As excavacións da croa revelan unha densa malla de vivendas, con banquiños, fogares, todo.

Este castro pon sobre a mesa o papel dos sistemas viarios na época castrexa: moitos castros foron construídos ao carón do Camiño de Santiago antes de que este fora tal. Se cadra as vindeiras excavacións axuden a comprender algo máis sobre o papel das comunicacións na época castrexa.

Castro Maior en Capítulo 0 Mapas

4 Comments

  1. 24 / Setembro/ 2007

    Dacordo cos seus escavadores o interesante de Castromaior non e so a sua monumentalidade senon a adscricion cronoloxica (seculos III-II a.C.). Tratariase, xa que logo¸, dunha arquitectura domestica espectacular para esa area e epoca.

  2. 24 / Setembro/ 2007

    Xurxo, ese tipo de vivendas cadradas que atoparon na croa son da época prerromana?

  3. 25 / Setembro/ 2007

    Efectivamente, a dia de hoxe o topico historiografico chantado pola Arqueoloxia galeguista e sobre todo por Xaquin Lorenzo (casas cadradas como sinonimo de romanizacion) non se sosten. Casas cadradas estan documentadas no Bierzo no seculo III a.C. (carbono C14), no castro de Castrelin de San Juan de Paluezas escavado por Sanchez Palencia e Fernandez Posse. Cerca de Portomarin, no castro de Vilela o arqueologos de Terra Arqueos (os mesmos que venhen de intervir en Castromaior) documentaron casas cadradas e rectangulares feitas con materiais percedoiros (publicado en CEG, 2006) tamen esa epoca. A realidade da Idade do ferro e complexa e temos que ver o NW coma un conxunto de areas con diferentes ritmos, diferentes tradicions e arquitecturas.

  4. 19 / Outubro/ 2007

    Leí en un foro que cerca de este castro del que hablais – a unos 3 kilómetros- se localizaron unas mamoas, que por cierto parece que están en peligro porque los vecinos están haciendo trabajos agricolas y se piensa que las van a allanar.
    ¿ Qué relación guardan las mamoas con los castros?. Se que son de etapas de la prehistoria distintas, pero ¿pudieron ser utilizadas por los habitantes de los castros para enterramientos?.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará