Portable Light: un modelo de LEDs para implementar iluminación en comunidades indíxenas nómadas

huichol_1.jpg
Unha muller huichol examina o Portable Light

A tecnoloxía, sobre todo, debería valer para cousas coma esta. Explorando os contidos da colección de Design for the other 90%, que é unha colección do museo Cooper Hewitt de Nova York centrada en presentar pezas de deseño ideadas para facilitar a vida no Terceiro Mundo, atopeime co proxecto Nomads & Nano-Materials, da Universidade de Michigan e a empresa KVA, e pareceume brillante. Moita xente debera pensar neste esquema utilitarista da ciencia, en redistribuír o coñecemento que se distribúe en tecnoloxías para os países desenvolvidos, adaptándoa a contextos máis difíciles.

Trátase de crear todo un sistema de iluminación para comunidades indíxenas nómadas adaptado ao seu estilo de vida aproveitando os últimos avances en tecnoloxía dixital e aforro enerxético. O experimento realizouse cos Huicholes, un mítico grupo tribal da Serra Madre mexicana. “Os deseños textís”, aseguran os creadores, “integran antigas tradicións mesoamericanas de tecedeiras con luz dixital fornecida por semi-condutores de alto brillo (HBLEDs), placas fotovoltaicas flexíbeis e delgadas e baterías de polímeros, creando un sistema autocontenido e portátil de motores de luz que poden ser empregados a escala global alí onde é precisa iluminación e electricidade”. Os campesiños recargan co sol en pequenas placas solares os dispositivos, que permiten ter ao poboado luz suficiente pola noite ou para orientarse nos camiños.

(dossier en PDF)

One Comment

  1. 15 / Setembro/ 2007

    ¡¡¡ABSOLUTAMENTE MARAVILLOSO!!!
    ¡¡¡ABSOLUTAMENTE MARAVILLOSO!!!
    ¡¡¡ABSOLUTAMENTE MARAVILLOSO!!!
    ¡¡¡ABSOLUTAMENTE MARAVILLOSO!!!
    ¡¡¡ABSOLUTAMENTE MARAVILLOSO!!!
    ¡¡¡ABSOLUTAMENTE MARAVILLOSO!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará