Normalizar a paranoia

paranoia.jpg

Tres artistas ingleses, Chloë Coulson, Erland Banggren e Ben Williams, acaban de lanzar un proxecto sobre a crecente cultura do medo que impera na sociedade occidental. O final é un catálogo de venda por correo, WellBeings [en PDF] de obxectos para “normalizar a paranoia”, presentando cinco produtos: unha chave que se converte en arma de autodefensa, unhas gafas de visión traseira para ver quen te persigue, un spray repulsor presentado como unha colonia, uns auriculares con micro que te permite saber que están dicindo eses que sempre falan de ti ás túas costas, e unha alarma personal que avisa de perigo de incendio no canto de pedir axuda porque “é un feito triste que pedir axuda mentres te atacan non atraerá aos paseantes que pasan por alí“, pero avisar do lume si.

O máis curioso é, sen dúbida, é o xornal que dan co catálogo, The Messenger; o carácter da noticia define a tinta de impresión. As noticias positivas están en azul e as negativas nun rosa ilexíbel. Se te sintes con forzas para afrontar a parte negativa do xornal, este vén cunhas gafas tintadas que te permiten descodificar de xeito doado as malas noticias.

Vía Architectures of Control

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará