WordPress como CMS (2)

Comprobado. Paseime unha fin de semana de merda intensa, aproveitando este marabilloso tempo de verán co que nos agasalla o noso país para avanzar e finalizar un proxecto que tiña pendente. Unhas nove/dez horas de traballo diarias.

Conclusión: en efecto, WordPress funciona impresionantemente ben como xestor de contidos para pequenas e medianas webs. Neste caso, mantiven todo o seu potente sistema editorial interno como interfaz de entrada de datos (para min e para os futuros usuarios), pero reescribín completamente a saída pública de datos, preservando algunhas cousas do WordPress tradicional que non afectaban ao deseño, como o seu magnífico sistema de creación de sementes RSS. Iso provocou unha redución dun 35% de tempo, ou mesmo máis, na elaboración desta fase crucial do proxecto. Palabras maiores, señora.

En WordPress traballas contra unha estrutura de bancos de datos tremendamente sólida e contrastada: o que se trata é de comparar, con calma, os campos existentes xa creados polo equipo de WP e facerlles as preguntas do teu proxecto, debuxando mentalmente as posíbeis respostas que te pode dar a base de datos a esas necesidades. Sorprendentemente, todo, todo encaixaba! En tres ocasións, ademais, perfilei ese banco de datos orixinal con extensións traídas na rede, que logo personalicei (asignarlle categorías independentes ás páxinas, etc.). Ao traballar de forma totalmente independente o front-end do back-end, por certo, a apariencia visual non se asemella nada -se non queres- á dun blog. Agora só fica desbastar, introducir contido real, pasar todas as revisións precisas…et voilá!

2 Comments

  1. 2 / Xullo/ 2007

    Estoy impaciente por ver el resultado, un día de estos me tengo que atrever con eso, aunque me temo que me queda mucho que estudiar sobre bases de datos

  2. 3 / Xullo/ 2007

    Si, dentro duns días o verás. Vaste sorprender.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará