Extract Terms instalado en Capítulo 0

Co que Google está a favorecer nos seus resultados de busca a todos os sitios cunha disposición de elementos e unha programación moi orientada cara estándares abertos, cada vez son máis os usuarios que aterran en Capítulo 0 desde os buscadores. Aparte das marcianadas (ver post de Marcus de hoxe ou a miña sección Eles chegaron aquí), a moitos deses usuarios gústalles o que ven aquí escrito e despois xa se dan unha volta de cando en vez polo blog.

Pensando nese tipo de usuario aterrado de casualidade, pero interesado nos temas do Capítulo 0, instalei o Extract Terms, un plugin para WordPress que emprega o servizo de extracción de termos de Yahoo!. O que fai o Extract Terms é sacarche de xeito automático un listado de posíbeis posts relacionados co actual dentro do teu blog e facilita, así, a exploración retrospectiva do arquivo. Os resultados, como todo o automático, son relativos, e depende da cantidade de información e palabras chave relevantes que tivera o post, pero moitos resultados son bastante satisfactorios. Exemplos aquí e aquí.

3 Comments

  1. dorfun
    27 / Xuño/ 2007

    …podes usar tamén o Related Posts… non son infalibles (porque iso da relación, xa sabes)… pero poden dar xogo…

  2. 27 / Xuño/ 2007

    Vaia, é que de feito, das catro posibilidades de “extraer” que permite o Extract Terms, estou a empregar a Related Posts, que é á que lle vía máis utilidade.

    Éxito completo: non, pero en moitos casos si ofrece unha vía de entrada ao contido adicional que non está mal.

  3. 27 / Xuño/ 2007

    Pois queda moi profesional o plugin ese: ata parece que te matas en recomendar ti mesmo outros posts do teu blog ;)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará