Great pockets, unha gran campaña publicitaria en liña do Nokia n95

great_pockets.jpg

O señor Henry Needle modernizou a vestimenta creando uns petos especiais para poder colocar todos os nosos gadgets. Ou iso é o que nos quere vender.

Unha fantástica campaña publicitaria de Nokia na Web sobre o seu novo teléfono N95, un teléfono que non me interesa en absoluto e do que os meus familiares e amigos nunca me teñen escoitado falar. ;-)

6 Comments

  1. 22 / Xuño/ 2007

    É certo, Manolo, ¡nunca falas do Nokia N95! O que me gustaría saber é se estás agardando a que te convenzamos para mercalo ;)
    Supoño que estás agardando a que o móbil apareza subvencionado por algunha operadora de telefonía, ¿non?

  2. 22 / Xuño/ 2007

    Exactamente, Marcus: márcome un límite de 350 a 400 euros. Négome a máis: teño unha especial habilidade manual para esgraciar móbiles.

    Por agora, o máis barato é en Redcoon (645 euros).

    Outra opción é poñer un sistema Paypal para doazóns en Capítulo 0. ;)

  3. 24 / Xuño/ 2007

    Manolo, coido que hai algunha promoción en The Phone House (http://www.phonehouse.es/product/12383/0/0/1//Nokia%20N95%20Grafito.htm), pero iso forza a cambiar de operadora e, polo momento, coido que non teñen terminais en stock.
    Supoño que tralo verán cambiará un pouco o asunto (pero dame no nariz que é no verán cando lle queres tirar proveito ó GPS).

  4. 28 / Xuño/ 2007

    Non sexas mentireiro. Como que non falaches do N95?

  5. 3 / Xullo/ 2007

    hahaha!

    Ben, de feito pedinlle eu que publicara ese vídeo.
    :)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará