Donde Jorge, un asador solvente en Ourense

arroz_boletus_donde_jorge.JPG
Arroz con boletus e foie en Donde Jorge (Ourense). Foto: Sole

O asador castelán é unha tipoloxía de restaurante que se caracteriza por unha boa colección de Riojas e Riberas, carne xenerosa pasada pola brasa e unha autoestrada nas proximidades. Hai excepcións, por suposto. O Donde Jorge é un lugar de referencia en Ourense para apreciar as boas carnes, con guiños a unha bodega consolidada con sólidos e densos tintos de crianza e reserva que acompañen aos chuletóns, o leitón ou os entrecots; a carta de viños incursiónase un pouco máis alá, noutras denominacións, pero sen grandes apostas. Eu, moi habitualmente teño tendencia a pedir excentricidades enolóxicas da carta; case por inercia penso nun plan B para cando me digan que “non lles queda“. Así aconteceu cun borgoñés Cuvée Latour do que carecían. Optamos por un Vagal Pago de Vardalejos 2001, que descoñecía completamente: un denso e tánico Ribera del Duero con fondo de froita negra pero cunha astrinxencia excesiva.

En todo caso, as racións do Donde Jorge, dentro da súa comida tradicional, son máis que notábeis. Disfrutamos a topa dunha ensalada da casa -con gambas e xamón-, de excelente calidade, así como dos ovos “pijos”, que son a enésima variante dos ovos rotos de Lucio e que teñen unha versión maxi, con máis aderezo, chamada “ovos repijos”. Rematamos cun plato de grandes expectativas colmadas: unha impresionante perola de arroz con boletus e foie, tan exquisita como contundente e implacábel. En resumo: un lugar para poder disfrutar de bós viños casteláns e unha coidada selección de carnes. Sobre 32 euros.

Localización de Donde Jorge en Capítulo 0 Mapas

4 Comments

  1. reflexf4
    13 / Xuño/ 2007

    Teñenme pinta de Edulis, o boleto por excelencia…De supeto fixechesme ter morriña do outono, e ainda por riba o día prestase.

    Saudos…..:-)

  2. 13 / Xuño/ 2007

    certo, reflex, pero fíxate unha cousa: o outono é unha estación morriñenta de por si. En calquera das outras tres estacións eu sempre a boto en falta.

  3. fran Carballo
    15 / Decembro/ 2007

    Hola, tengo que decir que por expereri9encia propia la ensalada es una grata sorpresa en la carta de un restaurante de este tipo y que el arroz que comentas ha dejado un listón muy alto.Sitio muy recomendado para comer o cenar

  4. Luis
    28 / Setembro/ 2008

    Voy con cierta frecuencia a visitar a este buen amigo……….creo que en la ciudad en muy poco tiempo se ha situado en lo alto del listón, no por los precios…sino por la buena cocina……….el trato………y los postres caseros.

    Recomiendo probar su tarta de cuajada……..una verdadera delicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará