Concertos en apartamentos e almacéns, ou como a escena alternativa de Nova York supera os intermediarios

noite_ny.jpg

Non fai falta nada demasiado especial. Unha tarima. Un equipo de son portátil. Pode ser nun piso 56 de Queens ou nun almacén ou nun silo. 100, 200 sudorosas persoas como moito. Lonxe do clubbing típico neoiorquino, promotores como Todd Patrick organizan outro concepto de concerto musical flutuante, baseado na súa promoción no uso de MySpace e os blogs, unha lista de correo de 13.000 suscritores, prezos de risa e grupos e artistas prometedores de fóra da cidade que só así conseguen entrar. O acordo parece convirlles moito: o promotor só queda co 10% dos beneficios. A moda deste fin de semana aventureiro e inesperado está arrasando en Nova York e Melena Ryzik cóntao no NY Times.

4 Comments

  1. 12 / Maio/ 2007

    Besbe, ese concerto ten unha pintanza tremenda.

  2. FIN
    13 / Maio/ 2007

    Isto recórdame as festas dos anarquistas bologneses ou a dos clubes sociais pola terra da mortadela. Non son grandes grupos, nen tan sequera aspiran a vivir da música. Xente anónima que amosa o seu hobbie a xente que, coma min, escapa de cando en vez do ás veces patético clubbing…

  3. 15 / Maio/ 2007

    Besbe sacoume o comentario da boca, pero claro eu pensaba ligar o meu blogue :lol:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará