César Príncipe 2004: 14’5º de froitas escuras

CesarPrincipe.jpg O César Príncipe é un dos viños de maior sona da denominación de orixe Cigales (Valladolid). Nacido de vellas cepas de tempranillo, é unha das primeiras promesas reais dunha zona ata agora dedicada aos rosados pero que agora disfruta cos tintos. É un viño espeso, de taninos moi potentes e, polo tanto, con bastante astrinxencia. Non é un viño nada, pero nada doado. Hai que acompañalo dun pote contundente, se cadra de caza ou guisos, e máis no inverno. A súa enorme carga etílica resultoume algo agresiva de máis. Estamos acostumados a viños de 14º como moito. Estas temperaturas desérticas andan a provocar grados altísimos. Serán estes os viños da meseta dentro de trinta anos? Viños cargados de alcol ata as cellas? O César Príncipe, na súa espesura tánica, evoca a froita moi madura, vermella, compota, pechado na súa cor, case negro coma os tintos de Cahors. Nada malo, pero agresivo. Unha aventura, pero de inverno.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará