Cando probei o novo servizo MyMaps de Google quedeime sorprendidísimo: en realidade, Google tomaba a acción da que tanto se ten falado e comeza a mapear o mundo físico. O xeito máis económico é conseguindo que sexan os usuarios etiqueten e sinalen o territorio. O primeiro paso do servizo é que os usuarios autoricen a Google a que inclúa as súas marcacións nos mapas nos resultados de busca que implementará en breve. Aínda que creo que a Google MyMaps aínda lle faltan algunhas melloras que chegarán en breve (como a posibilidade de incrustar o mapa de xeito sinxelo noutro sitio), é unha ferramenta interesantísima para visualizar información de xeito xeográfico.
Deste xeito, lanzo un novo xeito de mirar Capítulo 0. Desde o aire. Irei pouco a pouco incluíndo todas as referencias de viaxes e gastronomía sobre o mapa do globo, tentando convertelo nun novo xeito de mirar a información.
Manoliño, faltache situar a tua casa da poboa coa igresa o lado no mapa.
E o mirador da curota tamen,…. ;)