Infografías documentais como promos dunha estrea de televisión

gernika.jpg
Captura de pantalla de Gernika (eitb24.com)

Co gallo do 70 aniversario do bombardeo de Gernika, a cadea de televisión Eitb está a publicar unha triloxía de infografías que explican o escenario da Guerra Civil no País Vasco, como promoción dun documental de televisión sobre o dramático acontecemento. A terceira das infografías publicarase no momento da estrea do documental en televisión. Trátase dun excelente traballo da produtora de infografía 90º grados, dividido nun gráfico sobre o frente vasco en 1937 e outro sobre o bombardeo de Gernika. O terceiro será unha reconstrución virtual da vila vasca antes e despois do bombardeo. Un gran traballo.

Vía Haga clic para continuar

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará