Monocle, a nova revista creada por Tyler Brûlé para unha audiencia desilusionada

brule.jpg
O xornalista canadense Tyler Brûlé

Tyler Brûlé é destes xornalistas contemporáneos que se debería estudar con profundidade nas Facultades, porque sabe moito de algo do que se fala pouco, a edición de revistas. As revistas que crea Brûlé convértense en referencia, e son exemplo de calidade, de coidado do texto, de deseño impecábel, lexíbel pero non abrasivo co contido, na definición do nicho de mercado, na delimitación dos contidos de cada un dos números. No ano 1996 Brûlé lanzou unha revista que representa como ningunha a globalización da clase alta, Wallpaper*, un xa lendario magazine de deseño, interiorismo viaxes e tendencias de ámbito mundial.

O seu novo proxecto chámase Monocle (vai polo terceiro número), e é un exemplo da busca por parte de Brûlé dunha masa de cosmopolitas ben educados (e adiñeirados), unha audiencia que “os modelos existentes de medios ignoran (…) unha audiencia internacional de lectores, escoitadores e televidentes desilusionados, unha comunidade das máis interesadas e interesantes persoas do mundo“. O público que deseña Brûlé para Monocle, “mantén unha visión do mundo máis que unha interpretación doméstica“. Obsérvese que digo que deseña público, no sentido de que Brûlé, igual que na Wallpaper*, lánzase a un proxecto para o que non existen estudos de mercado claros obre $como é esa imprecisa elite global e cantos son. Característica Brûlé 100%.

Deste xeito, Monocle é unha “marca global europea” que se basea nun formato impreso, complementado pero non substituído pola web, empregada como canle de distribución gráfica e audiovisual. Deste xeito, na web se canalizan diapositivas con audio, entrevistas e microformatos de todo tipo, situados dentro da estrutura un tanto atípica desta revista: Affairs, Business, Design, Culture e Edits (guías locais). O resultado é brillante na edición, aínda que un tanto desigual nos contidos. De todos xeitos, pódese aventurar cal será a evolución de Monocle a partir do que xa se pode ver, como esta entrevista que o propio Tyler lle fai ao CEO de Lego, Jørgen Vig Knudstorp, no centro de innovación da compañía:

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará