Lalanne Classic 2005: un somontano de Burdeos

lalanne_tinto_crianza.jpg A familia Lalanne emigrou desde Burdeos a Barbastro a finais do século XIX escapando da filoxera, a praga que machacou o viñedo francés e que é aos adegueiros o que a peste negra aos seres humanos. A familia decidiu ficar no Somontano elaborando viños á francesa, ao estilo bordelés. Supuña que a noción familiar, tras un século, era un concepto máis de marketing que doutra cousa. Pero sorprendeume, ao catar este Lalanne Classic, feito a partir de cabernet sauvignon e merlot, que tiñan parte de razón. Un viño coa explosión frutal do merlot e unha certa sabrosa aspereza final, que redondea e outorga carácter, moi propia de viños bordeleses de gama media. ¿Cuestión de técnica enolóxica, ou de que a finca San Carlos, adquirida pola familia, xuntaba algunhas características propias da rexión francesa? Método ou terroir? Non chego a tanto, pero demostra a capacidade humana de memorizar e preservar sabores ao longo de tempo e tempo.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará