A liberación de Bagdad, unha mirada postmoderna

liberacion_bagdad.jpg

O artista californiano Sandow Birk está a rematar 15 pinturas sobre a Guerra de Irak. As pinturas son unha pura ironía posmoderna, recuperando a presentación e as iconas da pintura triunfalista da época de Napoleón ou das imaxes da Rusia comunista para glorificar as escenas de batalla. “A liberación de Bagdad”, di Birk, ten que ver “co que nos dixeron que pasaría: felices e alegres iraquíes ceibes darían a benvida ás tropas americanas que os liberaron das gadoupas da opresión”.

Traspolar as técnicas pictóricas do poder en séculos anteriores ao actual provoca, sobre todo, humor. E, se non, mirade esta Rendición de Breda.

2 Comments

  1. 22 / Marzo/ 2007

    Impresionante visión da mentira.
    Co teu permiso recollo (secuestro?) a imaxe para o meu blog.

  2. 22 / Marzo/ 2007

    Un pracer, randeeira. Colle todas as que queiras.

    :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará