Que forma ten a ciencia?

Last updated on 22 / Marzo/ 2007

ciencia_grande.jpg

ciencia_detalle.jpg
Vista xeral e detalle do Mapa da Ciencia

Os gráficos de relacións detéñense, como o seu propio nome indica, nas relacións existentes entre os elementos. Este gráfico representa a interconexión entre as diferentes disciplinas científicas a través dos papers presentados por investigadores dentro desa temática. A proximidade entre cada nodo (tema) indica o número de citas que se fan entre publicacións deses temas. É un auténtico mapa da ciencia.

Vía Retiario

2 Comments

  1. 21 / Marzo/ 2007

    Tamén no das citacións dos papers hai endogamia, xa sabes, eu cítote, ti cítasme e así imos subindo no grao de influencia.

  2. 22 / Marzo/ 2007

    E é un problema endémico do tema académico nos Estados Unidos, no que este criterio matemático foi empregado durante tempo para dictaminar a relevancia dun artigo.

    Agora estase pasando a sistemas de publicación científica peer-reviewed, pero eu témome que tamén terán considerábeis eivas. O problema é que non está nada claro que se poida obxectivar ata niveis perfectos a relevancia dun paper no seu contexto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará