Home, o “Second Life” da PlayStation 3, pero ben feito

apartamento_home.jpg
Un apartamento de luxo no Home da PlayStation 3

“O problema de Second Life”, escoitei dicir a alguén hai pouco, “é que se parece demasiado ao mundo real”. Subscribo a afirmación: Second Life abúrreme. Ten bastantes deficiencias técnicas e custa introducirse nas historias. É coma o IRC, pero máis lento.

Home parece ser unha evolución aínda máis socializada e imbricada no esquema de entretemento de Sony para a súa nova Playstation 3. Este mundo virtual virá preinstalado por defecto na máquina -posiblemente, non o sei certo- e poderase acceder directamente a través da túa conexión ADSL. Disporás dun apartamento privado, moi personalizable e dunha enorme área pública. Na área pública poderás interaccionar con outros usuarios -a través de teclado ou de voz, xogar a outras partidas ou acceder a contidos multimedia. No apartamento poderás convidar a amigos a xogar a xogos dos que ti dispoñas. E o motor gráfico está depurado e complexo. Está tan fresco que aínda non ten web oficial, pero Héctor Milla xa falou del, e aquí tamén podes consultar información máis detallada. Sony está a distribuír unha pequena presentación:

3 Comments

  1. 9 / Marzo/ 2007

    genial, gracias por la cita! Al parecer Home estará disponible en mayo 2007. Veremos. Un SL en el salón de casa.

  2. 9 / Marzo/ 2007

    Un placer verte por aquí!

    El tema que siempre me ha intrigado con estas simulaciones es en qué medida son más engorrosas que las formas convencionales de representar el software y la comunicación interpersonal.

    Ahora bien, el entorno más realista -y supongo que más rápido- de Home puede cambiar las cosas.

  3. 14 / Marzo/ 2007

    ya tienen site:
    http://www.homebetatrial.com/

    Home creo que tiene la ventaja de estar en el salon de casa.

    SL sería más de primera época de la virtualización de las relaciones.

    Genial sería poder “trabajar” realmente en Home, con otros colegas y en equipo,

    Saludos

    Hector

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará