As fantasías audiovisuais de Universal Everything

universal_e.jpg
Película para tenda de Nokia, feita por Universal Everything

Matt Pyke fundou Universal Everything como unha compañía multiforme vinculada ao deseño interactivo, á creación e á arte. Nestes tres anos teñen traballado para Issey Miyake, Saatchi&Saatchi, Channel Four ou Warp Records. O resultado é unha sorprendente factoría de creatividade e ideas que non para. ¿Coñeces o viral que fixeron para o Audi TT?

Outra campaña que me encantou foi o rebranding que realizaron para a televisión galesa S4C arredor da idea de magnetismo que vincula ás persoas entre si. Son varias cortiniñas que aluden ao concepto de identidade galesa, pero dun xeito tan sutil e conectado, ao mesmo tempo, co imaxinario cultural do país, que fascina.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará