A escapada italiana de Jamie Oliver

Last updated on 18 / Outubro/ 2007

jamie1.jpg
O chef inglés Jamie Oliver

Xesús tróuxome un DVD baixo o brazo con dúas marabillosas obras gastronómicas. Unha, a Odisea Francesa do meu adorado córnico, o cociñeiro Rick Stein, sobre quen me debo un post. Ao outro non o coñecía, pero Xesús estaba convencido de que me gustaría moito. Acertou plenamente: moitas, moitas grazas, rapaz. Así dá gusto!

Tratábase de Jamie’s Great Escape, a Gran Escapada italiana de Jamie Oliver. ¿Pero quen é este rapaz? Un chef moi famoso en Inglaterra -ata o punto de ter paparazzi en vixilancia total na porta da súa casa- que decide facer unha escapada en solitario por Italia co motivo do seu trinta cumpreanos. Oliver estaba saturado da sona, a sociedade, o traballo, a televisión, e decide recuperar o seu propio corazón gastronómico. O resultado son seis fascinantes capítulos que percorren a arte culinaria do comer, da vida e da amizade.

Jamie cociña peixe na rúa en Palermo, risottos no convento de Farfa, peixe recén pescado na illa de Marettimo, caza porcos bravos en Le Marche, fai un gran banquete de celebración de cumpreanos nunha casa a medio caer da Costa Almafitana. Os italianos son ben díficiles de contentar: “todo italiano ten a un experto gastronómico dentro”, exclama Jamie nun momento de esgotamento. E a cociña do chef ás veces convence…e moitas non: “sabes cociñar pero non entendes exactamente como é o noso”, dille un. “Concibes a cociña italiana como un todo”, dille outro, “pero hai moitas variantes locais”. “Os italianos”, afirma Oliver, “sempre comparan calquera cousa que comen coa cociña da súa nai”.

Nunha carrula medio escangallada, Oliver percorre o país e se fascina coa materia prima, rise, departe, comunícase como pode, fala sen parar. Channel 4 produce unha fantástica serie documental sobre o paso da mocidade á madurez e a capacidade que ten a comida para alumear as relacións entre as persoas. O que máis me gustou: que o cociñeiro estrela pasa a converterse tan só nunha luz máis dunha noite clara do Mediterráneo. Imprescindíbel.

7 Comments

  1. 21 / Febreiro/ 2007

    En Canal Cocina poñen, de vez en cando, unha serie de programas de Jaime Oliver, nos que cociña na súa casa para amigos, normalmente. Os pratos que fai non son de alta cociña, pero é alucinante velo traballar. Tamén fixo un “reality” de cociña (que despois copiaron os de Cuatro), onde formaba a rapaces con vidas un tanto problemáticos como cociñeiros, para montar un restaurante. Nun dos últimos capítulos prepararaban un gran banquete, que resultaba ser un xantar oficial de Tony Blair.

  2. 21 / Febreiro/ 2007

    É que o estilo deste rapaz ten un compoñente moi social, e iso é o que me fascina tamén del! Conseguiu que o Estado británico multiplicara as súas aportacións económicas para os comedores escolares e mellorar así a infame dieta que padecían os escolares británicos. Na operación había bastante de marketing televisivo, pero eu sempre o digo, viva o marketing cando se conseguen cousas así.

  3. martin
    23 / Febreiro/ 2007

    No esta mal el rapaz, pero prefiero a Rick Stein, muy buena la serie, la vi cuando la echaron en canal viajar.

    Un saludo andaluz

  4. alvaro
    26 / Febreiro/ 2007

    bueno jamie oliver es un genio en la cocina ya bi su programa en travel and living y es muy rapido e inteligente en su estilo a seguir un buen ejemplo a seguir sobre todo por que empezo a cocinar desde los 5 años…….

  5. alberto
    7 / Agosto/ 2007

    queridos ignorantes:

    Solo os escribo para deciros que España y Francia tienen la mejor gastronomia y los mejores cocineros del mundo que el Jamie este no esta reconocido como un de los grandes chefs del mundo en absoluto, eso no se lo cree ni el ni nadie,que realmente no tiene ni idea de cocinar lo que el hace en los programas a parte de hacerlo no mal sino muy mal es bastante sencillo lo hace hasta un niño de 2 años mejor,su cocina basada en la gatronomia Italiana o lo que es lo mismo muy pobre queda muy lejos de poder igualar a España o Francia, paises a los que el renuncia porque el cerebro no le da mas,personalmente como cocinero no conozco a ningun gran Chef que se halla cultivado en Italia, esta bien este programa para los ingleses ya que no saben mas que comer comida precocinada,basura y mala ,crecer en cultura amigos y aprender de las millones de recetas españolas que nos han hecho tan famosos a nivel internacional asi como de nuestros grandes Chefs por citaros alguno a ver si os suena Ferran Adria,Sergi Arola,Mario Sandoval, Paco Roncero y un lago etc que si tienen un gran acreditacion Internacional,basta ya de cocineros mediocres saildos de la fast-food italiana que saben cero sobre la buena comida como Jamie y aprendamos mas sobre nosotros mismos que es lo que nunca apreciamos lo que tenemos un abrazo y suerte con vuestras comidas…

  6. Mario S.
    5 / Outubro/ 2007

    Alberto: simplemente se estaba comentando acerca de la serie de J. Oliver por Italia. Nadie ha dicho q sea el mejor del mundo ni nada. Tampoco hay q ser tan chivinista, creo yo… Aquí tenemos muchísimos chefs geniales y reconocidos internacionalmente, xo de ahí a q Jamie haga “cocina pobre”… No has estado en Italia no? Tiene mucha más oferta gastronómica q Francia, x ejemplo. Y lo ´se xq me dedico a ésto y he pasado varios meses en cada país. Todos los países tiene miles de recetas q aportar… xo lo nuestro no tiene q ser lo mejor xq seas español. Open your mind.

    No hay q ser tan cerraico, Albertico… y ya te desacreditas llamado “ignorantes” a la gente. Animalico.

    Primera regla, si entras insultando la gente pierde automáticamente el interés x tu opinión, q sinceramente, me parece un poco… sobradilla y con poco fundamente. Tiene q haber de todo, claro.

  7. Mario S.
    5 / Outubro/ 2007

    Cuando he puesto “chivinista” quería decir CHOVINISTA, x si acaso lo tenías q buscar en el diccionario. No te quería llevar a equívocos, perdona.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará