20 anos de evolución informática para isto

writeroom.jpg

WriteRoom é un procesador de textos que custa 25 dólares, e que imita aos vellos procesadores dos ordenadores en MS-Dos, coma o mítico WordPerfect, tecleado con monitor verde. O principal atractivo do programa, segundo a compañía que o vende, e que con el non hai distracións. Nin messenger. Nin Skype. Nin correo electrónico. Nin musiquiñas, nin Internet. Nin posibilidade de xustificar, sangrar, colorear, nada.

Un lugar para sentarse e escribir. Métete en WriteRoom e deixa que marchen as distracións. Agora es ti e o teu texto. É un lugar onde a túa mente se aclara e os teus traballos se rematan. Cando acabes de escribir, sal de WriteRoom e re-entra no Mundo Ocupado.

Unha volta ás orixes no tempo do ordenador-orquestra. E eu non acabo de ter claro se os seus creadores teñen moito morro ou un agudo sentido das necesidades laborais.

3 Comments

  1. 21 / Febreiro/ 2007

    Vaia! Tamén se levan os setenta nisto da informática. Mecajo nos revival.

  2. 21 / Febreiro/ 2007

    E coa licencia regalan o libro para directivos “Técnicas de mobbing. Aprenda a sacarle el máximo rendimiento a Write Room y otras eficaces tácticas de tortura laboral”.

    Cantos conos e bastóns da retina deixaría no camiño por culpa do MS-DOS e do Wordperfect. Os meus ollos aínda fuxen hoxe das pántallas de fósforo verde dos caixeiros…

  3. 22 / Febreiro/ 2007

    Fíxome moita graza porque está feito a medida para bloggers internetoaditos e outras herbas dixitocomunicantes que teñen cincuenta mil cousas programiñas de comunicación e avisos instalados… A verdade é que cando o vin, independentemente das reminiscencias prehistóricas, dixen, “que alivio”. Por fortuna, duroume pouco. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará