CrazyEgg e Reinvigorate, novas ferramentas de medición de audiencias web

Dez anos despois do nacemento de Internet temos unhas ferramentas bastante sofisticadas para cuantificar a audiencia dunha web, pero temos moi poucas que permitan interpretar eses datos. De feito, no Grupo de Novos Medios levamos tempo dándolle voltas a metodoloxías que permitan interpretar os datos de audiencia dunha web e obter un coñecemento máis profundo de como o usuario emprega un sitio, de como é en realidade a interacción.

As últimas ferramentas parecen todas basearse no emprego de cookies, pequenas pezas de código que permiten monitorizar moito mellor o comportamento do usuario. Levo varios meses traballando cunha ferramenta que é unha auténtica xoia: Crazy Egg.

crazy_capitulo0.jpg
Mapa de calor de Crazy Egg sobre Capítulo 0. Os azuis indican os ‘puntos quentes’ de interacción

Crazy Egg non é unha ferramenta de estatística web ao uso. O que fai é localizar onde pincha o usuario no noso sitio web. É dicir, analiza en profundidade a interacción do usuario cunha páxina concreta do noso sitio. Os resultados son interesantísimos para saber como funciona unha disposición concreta de elementos interactivos do noso sitio. Por exemplo, en Capítulo 0 pódese apreciar como o usuario, nun vínculo textual moi longo, escolle clicar xusto na que considera palabra clave da ligazón, e adoita haber bastante unanimidade. A navegación pola interface lateral, onde todos nos blogs dispoñemos as ligazóns para recuperar contido, ten pouco éxito entre os usuarios, que parece pirrarse por clicar nos comentarios dos posts. Pero nesa navegación lateral, obsérvase como funcionan moito mellor a navegación horizontal por categorías que a navegación por meses, que non se come un rosco. A versión gratuíta permite experimentar bastante. Probamos o sistema con webs non públicas para calibrar a súa precisión e é sorprendente.

A outra ferramenta saíu en todas partes nos últimos días: Reinvigorate. Aínda está en fase beta, pero achega datos máis comprensíbeis e case tan exhaustivos que os que proporciona Google co seu Analytics. Ao meu ver, esta última ferramenta é máis para publicitarios e analistas de marketing que webmasters de contido. Reinvigorate se entende mellor, aínda que só se pode acceder por invitación. Podes subscribirte e máis ou menos nunha semana mándanche o convite.

4 Comments

  1. 8 / Febreiro/ 2007

    ¿E que tal funcionan os vínculos internos das entradas?

    Usara crazy-egg co antigo blog e levárame certo chasco ó ver que o resultado non era todo o bo que eu pensaba. O emprego dos links eras case residual.

  2. 8 / Febreiro/ 2007

    Juan, contéaos ben, tanto as ligazóns que das a outros posts teus como aos externos. O único que non contea son os includes que proveñen doutro sitio (no meu caso, o blogroll que procede de Bloglines).

  3. 8 / Febreiro/ 2007

    Non, o que preguntaba é se comprobaches o éxito dos links dentro das entradas.
    Vamos, se os visitantes os usan.

  4. 8 / Febreiro/ 2007

    Si, si que funciona, tanto con ligazóns internas como externas. Por iso dicía eu que era interesante para ver as palabras chave.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará