Chamando ás portas do inferno

cova.jpg

cova_2.jpg
Fotos: Miguel Pose

Ao avanzarmos por este tunel escuro da mina abandonada o estrondo da auga que se escoita ao final asusta. Parece que un monstro rebufa á volta do corredor. De súpeto aparece algo marabilloso. Un río avanza por un corredor e derrúbase en fervenza por un abismo ata os niveis inferiores da mina. Máis alá ábrese unha gran cámara que ascende case ata a superficie, e da que parten infinitude de corredores. Algúns están derrubados polo tempo, e outros non. Os morcegos hibernan nas paredes, en latencia. E vai calor, calor que provocamos nós mesmos, un enorme bafo que se revela cando tiras flashes na escuridade e a túa cabeza está rodeada de nubes. Armándonos de lentitude exploramos rexións deste territorio durante máis de dúas horas, en silencio absoluto. As vetas de minerais danlle mil tonalidades aos corredores. A auga revela insospeitadas partículas calizas, estrañas nesta zona do país, tinguindo as pedras de branco inmaculado. Aquí os nazi buscaron sen éxito wolfram. Do resultado quedou un enorme labirinto de galerías. Aquí, a trinta metros de profundidade, chamamos ás portas de inferno. E tageamos o momento cunha canción, na que tamén se peta ás portas dun abismo.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará