Cortázar en Galicia: experimentos sobre narrativa cultural en Internet

cortazar.jpg

Un novo equipo de xornalistas dixitais no país acaba de lanzar Cortázar en Galicia, un proxecto “flashy” que reinterpreta os contidos da exposición “Ler imaxes: o universo fotográfico de Julio Cortázar”, que se puido ver en Compostela nestes meses. O proxecto propón unha lectura interactiva da exposición, na que hai desde pequenas chiscadelas ao universo literario de Cortázar ata espazos máis biográficos. Se cadra a área máis espectacular sexa a Exposición virtual, para a que o equipo modelou en 3D a Igrexa da Universidade de Santiago e as salas do Pazo de Fonseca e insertou os modelos tridimensionais en flash. O traballo é dunha altura notabilísima, especialmente se temos en conta que é o seu primeiro proxecto profesional -aínda que antes, boa parte deles traballaran noutro enorme proxecto multimedia, O Camiño Antigo. Juan Castro, Eliana Martíns, Silvia Canabal e Marcos Ferro cursaron o itinerario de Xornalismo Electrónico na Facultade de CC. da Comunicación de Santiago e foron inquedos alumnos meus. Parabéns, rapaces e rapazas :-)

4 Comments

  1. 22 / Decembro/ 2006

    Gracias Manolo

    Creo que vai sendo hora de desvelar que che debemos boa parte da nosa inspiración. Todo comezou naquela clase que debeu ser bastante similar a cando Adán e a Eva escoitaron falar por primeira vez da mazán do coñecemento.

    Naquela clase, despois dun par de minutos nos que se che vía dubidativo, atrevícheste a dicir:

    “Rapaces. Vou facer algo do que sempre me acabo arrepentindo…

    …Hoxe ides aprender a facer algo que non debedes repetir nunca…

    …Hoxe ides aprender a facer…

    GIFs ANIMADOS!!!!”

    Despois diso, un novo mundo de creatividade multimedia se abríu ante nos.

    Aí comezou todo ;)

  2. Silvia
    22 / Decembro/ 2006

    Eso,
    gracias mestre jedi… ;)

  3. Eliana
    22 / Decembro/ 2006

    Duplo comentario. O primeiro de agradecemento, non só pola promo, senón polo apoio e polos bos consellos (neste proxecto e en anteriores). E o segundo aos meus compañeiros, graZas!
    E para rematar, por iso da imaxe corporativa, pois… ;)

  4. 22 / Decembro/ 2006

    Agora xa sabedes, o seguinte hai que facelo o doble de ben. Lei de vida a partir de agora ;)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará