¿Para que vale un montador de cinema?

Aínda que moitos o temos claro, a mítica discusión de cafetería previa entre universitarios nas previas dos Oscars é ¿por que lle dan un premio específico aos montadores? Nin sequera saen nos principais títulos de crédito ou nas revistas. A de montador de cine e televisión é esa profesión descoñecida, composta por anónimos fumadores compulsivos, que todo o mundo asocia máis cós electricistas que co elenco artístico ou creativo dunha produción cinematográfica. Eu aprendín rápido do papel destas profesionais (hai moitas mulleres nese estresante traballo). Téñenme quitado as castañas do lume en máis dunha ocasión, remendando ritmos adormecentes de penosos guións e transformando lamentábeis tomas de cámara en aceptábeis escenas de documental. Unha montadora é unha costureira de imaxes que transforma os fíos ensarillados nun discurso consistente e son o motor real dunha produciópn. Pero agora xa teño un xeito rápido de explicarlle o traballo dos montadores aos neófitos escépticos de barra de bar. Isto é Scary Mary:

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará