Ifra publica unha tradución da web 2.0 para editores de prensa

A revista Técnicas de Prensa, editada por Ifra, que é a asociación internacional de editores de prensa, editou un número monográfico sobre como os editores de periódicos poden aproveitar os recursos da web 2.0. Trátase dun notábel esforzo por explicar o novo movemento da web desde as coordenadas dos editores de medios tradicionais. Especialmente interesante é a entrevista a Tim O’Reilly, o popularizador de tal concepto:

Pregunta: ¿Cal é o perigo de introducir os principios da Web 2.0 no negocio propio?
Resposta: O maior perigo é que outro o faga antes ca ti e destrúa o teu mercado mentres ti estás a agardar (…) Estamos construíndo un sistema operativo de Internet; un sistema operativo que vai ter subsistemas, e estes subsistemas van estar establecidos arredor de tipos de datos (…)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará