Cosecha del 64, unha viñoteca de referencia na Coruña

Last updated on 2 / Decembro/ 2006

cosecha_64.jpg

Levados por Sao Mai e o Vello da Montaña, visitamos Cosecha del 64 (Enrique Mariñas, 7), que é unha excelente viñoteca na zona nova da Coruña. Unha carta con máis de 300 referencias nas que non faltan os viños de moda, eses dos que un escoita falar pero que nunca atopa por aí, a prezos contidos. Eu creo que debe ser un dos poucos (senón o único) sitio de Galicia no que se pode descorchar en público un Château Lafitte (non confundir co Château Lafite-Rothschild, bastante máis caro), aínda que se esgotara cando nós andivemos por alí. Pola contra, probamos outro fantástico Burdeos, o Château Carignan 2000, moi opulento e con certo final mineral. A degustación pódese acompañar de táboas cun montón de produtos gourmet. Unha referencia básica para disfrutar da cultura do viño.

Cosecha del 64 en Google Maps

4 Comments

  1. 2 / Decembro/ 2006

    Vaia, Manolo, ¡mira que pasaches preto da miña casa! Vivo en Enrique Mariñas nº 3, ou sexa, a 20 metros do Cosecha. A vinoteca ten moitísimo éxito e xa ten imitadores no barrio, pero o mérito de seren pioneiros non llo quita ninguén. Agardo que o pasaras ben no local.

  2. 2 / Decembro/ 2006

    Si, xa me dixeron que vivías preto de alí…estiven tentando de buscar algún canón de patacas Pringles nos balcóns ou localizar algunha rede Bluetooth de nome raro… :P

  3. 3 / Decembro/ 2006

    Jaja, en Bluetooth non teño nada, pero o meu identificador de rede Wi-Fi é “Matowireless”, pero non provei se tiña cobertura dende o Cosecha.

  4. 5 / Decembro/ 2006

    Así que o señor Marcus é veciño de Matogrande…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará