Casal do Cabildo, en Santiago: unha alternativa divertida na rúa de San Pedro

Last updated on 29 / Xuño/ 2007

O Casal do Cabildo (San Pedro, 18 – 981583057, sobre 20 euros) está pegado ao Dezaseis, a famosa casa de xantar compostelá concorrida por unha variada fauna funcionarial, política e cultural. En certo xeito, repite a exitosa fórmula posta en práctica por Suso Cova no Dezaseis: rehabilitación respectuosa, comida sinxela e sen complicacións, prezos moi axustados e unha carta abundante en racións para compartir. O sotarrego congrega as habitacións para xantar e cear, ao redar dun patio central velado. Un lugar ideal para quedar a unha comida de encontros ou para as ceas dos venres ou sábados. O servizo é moi atento, nada entrometido, aínda que anda algo descompasado pola novatura. Seguro que nalgúns meses a cousa mellora notábelmente.

A carta destaca pola súa sinxeleza discreta, pero os pratos teñen un notábel coidado no produto e ás veces permítense innovacións prudentes e divertidas. As tostas, por exemplo, fanse con grosas rebandas de pan de leña e contan cun gran número de combinacións. Chegan sobre un tacor de madeira, o mesmo que as carnes, unha especialidade da casa, en plan chuletón-ton (esta repetición da sílaba final ten por obxectivo describir a dimensión das pezas). A maior excentricidade é a táboa Terra-Mar, que se sirve para un mínimo de 2 persoas, e que parece ter un tremendo efecto sorpresa nos incautos comensais que a solicitan. É un menú completo servido sobre un tablón de madeira, unha base de leituga e unha fila de patacas fritidas. Comézase co cheiro, co queixo, cos pementos morróns, cogumelos asados e pásase aos choquiños, aos lagostinos, ao churrasco de tenreira e ao de polo, todo por 11 euros por persoa. Nas dúas veces que pasei por alí saían táboas terra-mar da cociña como chineses de fábricas. Mención especial merecen os viños: aínda que a carta é escasa, pero correcta e con prezos contidos, é unha boa ocasión para probar os viños da propia adega propietaria da casa de xantar, a Casal do Cabildo. O mencía do ano é un viño moi sinxelo, moi frutal e cun potente e significativo final a regaliz. No Casal do Cabildo barrica, que debe ter sobre 4-6 meses de barrica, esa diversións poténciase coas vainilla da madeira, e sae só a 10 euros. Un viño divertido para quen non quere complicarse.

Un lugar xenial para comezar unha noite na rúa máis viva e bonita de Compostela.

8 Comments

  1. Nós
    21 / Decembro/ 2006

    Cea de traballo con reserva para 20 persoas. Chegamos, o local estaba mediado. Entrantes de gambas á plancha e vieiras. Os únicos cubertos dispoñibles eran de carne, cos coitelos de serra. Remátanse as bebidas (mencía e auga), pedimos máis. Tardan tres cuartos de hora en traer robalizas e segredos de ibérico. Estaban mornos, eufemismo de fríos. Tres cuartos de hora máis para o postre. Entrementres chegan as bebidas. O variado de pasteis de castaña, queixo e café moi sabroso. Imos pagar, 30 euros por cabeza, como unha persoa non veu temos que abonar o seu prato. Sorprendente. Cando bos produtos non van acompasados dun servizo á medida, o lugar queda desmerecido. Resultado: decepcionante.

  2. Pat
    15 / Xaneiro/ 2007

    Viernes noche. Cuatro personas. Comimos táboa, tostas, croquetas caseras y postre. El servicio inmejorable en rapidez y amabilidad y porque no, simpatía a rabiar.
    La comida muy buena, original y abundante.
    Repetiremos fijo !!!!

  3. Eduardo e amigos .
    31 / Xaneiro/ 2007

    Somos un grupo de amigos que nos gusta sair a miúdo a cear.Faláronos moi ben dun sitio na rúa San Pedro ,”Casal do Cabildo”, ambientado na zona de Verín, que recorda os seus carnavais e as súas fontes de auga. Sorprendeunos que despois dunha fachada tan pequena poidéramos atopar un espazo tan grande, e a súa vez tan agradable. Entramos e baixamos directamente aos comedores, pero non puidemos cear porque estaban todos repletos de xente,e tibemos que comer arriba, pero case mellor, xa que ceamos ao lado dunha lareira con ese olor a leña ardida. Para cear pedímos a especialidade da casa,moi ben recomendada , e un viño que fan na súa bodega. Temos que dicir que a comida non desmereceu nada ó local, de sobremesa: risas,chupitos e un ambiente para non olvidar.
    Sempre que poidamos e teñamos cartos no peto volveremos !!

  4. Os que temos que comer fora da casa
    3 / Febreiro/ 2007

    Levamos xa unos meses visitando este local na noite dos venres (cando atopamos mesa) , e un local agradable e con uha comida moi boa e variada ,as veces temos que esperar algo pero e comprensible xa que parece que chegamos todos xuntos.!MERECE A PENA ESPERAR! E DISFRUTAR DOS SEUS POSTRES CASEIROS!
    ESTA ULTIMA SEMANA COINCIDIUNOS ESTAR POR ESA ZONA A HORA DO XANTAR E DECIDIMOS ENTRAR QUEDANDO MOI GRATAMENTE SORPRENDIDOS POLO BO MENÚ DO DIA E A SUA COIDADA PRESENTACIÓN. RECOMENDAMOSVOS QUE PASEDE POR ALI ,E ADEMAIS COMO E O XANTAR NON HAI MOITO QUE ESPERAR.(XULIO)

  5. O mellor meson da capital
    13 / Febreiro/ 2007

    Xa tiñamos oido falar deste sitio moi ben,pero ainda non tiveramos tempo de acercarnos ata ali.O outro dia decidimos ir,xa que estabamos desexosos de catalo cas nosas gorxas e bandullos.O sitio é impresionante cun gosto exquisito polo decorado e os pratos,comemos unha tabla terra-mar e un montón de entrantes, todo estupendo e mailo viño da casa tamén perfecto.O resultado:o titulo deste comentario.Sobran as palabras.Como resposta ao primeiro comentario o servizo e inmellorábel.Non se pode falar asi dun local destas características(a menos de que sexa da competencia),desde logo a nos encantounos.

  6. Un grupo de caminantes de Asturias
    20 / Febreiro/ 2007

    Llegando a la catedral, por la rua SAN PEDRO una casa de comidas que nos sorprendio, por su decorado rustico y con una figura del Cigarron a tamaño real,( con el cual nos hicimos una foto de grupo para enseñar en nuestra tierra) y varias fotos de los carnavales de Verin.Volvimos para comer puesto que el menu nos parecio bueno y muy bien de precio , la comida muy buena y la presentacion no esperada para un menu del dia.
    El restaurante precioso y muy acojedor(para verlo) con varias salas muy diferentes entre ellas , desde una con lareira encendida otra con comederos de caballos otra con un jardin y otra con unos bancales que antiguamente eran comederos para las vacas ,encantador para recomendar a todos nuestros amigos y caminantes que tanto sudor y molestias se dejan para llegar a esta preciosa ciudad que es SANTIAGO DE COMPOSTELA…unnn carayio para os galegosssssss (de cariño) de vuestros vecinos los Asturianos.

  7. cena familiar
    10 / Xuño/ 2007

    como todos los años mi familia i yo acemos una cena familiar y aunque siempre vamos al mismo sitio.por recomendaciones de amigos de mis padres decidimos ir a casa do cavildo en donde la esquisitez tanto por su decorado como por la comida nos hizo no arrepentirnos en absoluto de haber hido.
    nos gusto mucho y proximamente yo i mis amigas haremos una cena alli,espero que este igual de bien que de la otra vez.

  8. cena familiar
    10 / Xuño/ 2007

    como todos los años mi familia i yo acemos una cena familiar y aunque siempre vamos al mismo sitio.por recomendaciones de amigos de mis padres decidimos ir a casa do cavildo en donde la esquisitez tanto por su decorado como por la comida nos hizo no arrepentirnos en absoluto de haber hido.
    nos gusto mucho y proximamente yo i mis amigas haremos una cena alli,espero que este igual de bien que de la otra vez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará