A cuarta dimensión en Google Earth

googleearth4d.jpg

Na versión 4 de Google Earth (aínda en fase beta) pódese facer algo incríbel. Dentro das capas, na opción “Contido destacado”, pódese seleccionar unha escolma dos mapas históricos do señor Rumsey (Rumsey Historical Maps), de quen xa temos falado por aquí. Esta cartografía histórica superponse sobre o modelo tridimensional de Google Earth engadindo unha cuarta dimensión á experiencia: o Tempo.

Vía Googling Google

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará