Saramago e a ubicación da “verdadeira vida”

Saramago cita a Rimbaud para referirse a Second Life: “A verdadeira vida está noutro lugar”. O escritor portugués recea dos mundos virtuais: “o risco é que isto se convirta nunha adicción que peche á persoa na súa personaxe…podemos rematar por ter dúbidas sobre o que é máis real…a unha situación de pura esquizofrenia…moito me temo que no xogo a vida acabaría por ser peor da que temos aquí”. Saramago emprega os mesmos argumentos temerosos que se escoitaban hai cinco ou dez anos para a propia Internet, os chats, os videoxogos. O certo é que o tempo demostrou que non existe esa diferencia estricta entre o mundo real e o mundo virtual que tanto entusiastas da cibercultura como detractores prognosticaron: ambos os dous contornos están profundamente imbricados e, cada vez máis, o virtual incide con máis forza no real. A propia semántica é enganosa: ¿existe o virtual como oposto ao real? ¿Ou é máis ben que a realidade se volveu máis complexa e múltiple? Aposto polo segundo.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará